O espantallo cobrará vida sobre o escenario

La Voz

CARBALLO

16 may 2009 . Actualizado a las 02:00 h.

O departamento de Cultura do Concello de Fisterra preparou para hoxe unha sesión de teatro na que participará a compañía Ti e máis eu, que poñerá en escena a obra O cadro do espantallo , protagonizada por Fina Deibe e Ángeles Rodríguez. Trátase dun conto escenificado que fala dos cambios que supuxo o progreso no mundo rural. Todo iso desde o punto de vista do espantallo, un ser en vías de extinción que pronto será sustituído por un artiluxio mecánico e que dende a súa posición presencia como os humanos deixan de valorar e respectar a natureza. Pero non todo está perdido, xa que un día alguén repara no inmóvil espantallo e a historia dará un xiro de 180 graos.