pub
LVDG_PUBLICIDAD_p01:megabanner
LVDG_PUBLICIDAD:12:edi.carballo
Actualizado La Voz, página de inicio
Ir a la Portada
Elige:

O fatídico 13 de abril de 1809

As tropas napoleónicas causaron numerosas baixas entre a poboación de Cee e Corcubión e regresaron a Santiago

Autor:
Víctor Castiñeira Castro
Fecha de publicación:

Ademais do relato dos feitos a cargo da xunta de Corcubión, do que nos conta El Amante de la Verdad (seguramente baixo este pseudónimo está o pai Pedro Romero, moi crítico coa actuación da xunta) e das impresións que nos deixou Basil Hall, desde a fragata Endymion , contamos co relato feito polo párroco de Cee, Francisco Domingo Fernández no Libro III de Fábrica da igrexa de Cee, baixo o título Queima xeral da Igrexa polos franceses, o que se perdeu, roubou e quedou. Grazas ás súas anotacións coñecemos algúns detalles das horas previas á chegada das tropas napoleónicas a Cee. Así, ás 00.30 horas do día 13, coñecedor do acontecido en Ponte Olveira decide reunirse con outros catro veciños (José López, Ramón Antonio Rodríguez, Domingo Antonio Caamaño e Roque Suárez, este último o sancristán) para poñer a salvo os principais obxectos de valor a pesar das ordes en contra que para elo tiña dado a xunta. Nela dicíase que non se sacase nada das igrexas de Cee e Corcubión, dado que as tropas francesas que estiveran acantonadas en xaneiro e febreiro fixeran inspeccións e sabían o que estas tiñan de interese.

Parte destas cousas (entre elas o copón principal do sagrario, dúas arañas de prata da Virxe da Xunqueira así como a súa coroa e anel, un relicario de prata, o viático e a cruz dos enfermos, as diademas de san Antonio, san Xosé e santa Lucía?) foron colocadas dentro dun arcón no camarín da Xunqueira, que por estar moi alto, só era accesible cunha escada moi grande.

O resto de ornamentos, xunto cos libros de bautismos, casados, defuntos, e fábrica (contabilidade) foron colocados nunhas cestas e enviados a Lires, xa que a súa igrexa era anexo da de Cee. Esta operación fíxose de madrugada e, diante da negativa dos veciños a agochar estas cestas nas súas casas, foron enterradas en varias leiras e hortas.

Coas primeiras luces do día 13, as tropas francesas entran en Cee e Corcubión. As vilas están practicamente desertas, xa que durante a madrugada a maior parte dos veciños « con todas sus familias se salían de ella a los montes más escabrosos por el recelo que tenían de perder sus vidas». Mentres as milicias se dirixían dende Paizás a Baíñas e Ponte Olveira, os franceses entraban tranquilamente en Cee e Corcubión. A única defensa en terra de tres canóns na Costa da Armada foi inútil ante a superioridade do inimigo, e só a presenza das lanchas canoneiras na ría ao mando de Barruti incomodou algo ós invasores.

Seguindo a táctica das liñas envolventes, xa empregada por Napoleón na Batalla de Ulm (1805), a entrada nas dúas vilas tivo lugar polas súas costas. Xa dentro lograron que as lanchas canoneiras se alonxasen, perdéndose ademais unha das catro durante a defensa, ao prender lume a pólvora dos barrís e voar polos aires a tripulación da mesma, que sería recollida pola tripulación da Endymion .

Desta canoneira, ademais da súa perda, hai que lamentar a morte do veciño de Cee Francisco Grille. A maior parte dos mortos contabilízanse nos lugares de Escabanas (As Cavanas) e Vilar, en Toba, que tamén perdería ó seu párroco, Juan Antonio Vázquez. Estas vítimas, case con total seguridade, terían sido atacadas durante o movemento dos franceses para atacar Corcubión. Nesta vila, ao igual que en Cee, matan a algúns veciños, ademais de incendiar e saquear parte dos seus edificios.

De acordo co reconto dos libros de defuntos das parroquias, teñen finado neste día 13 ou nos seguintes como consecuencia das feridas, nove veciños en Escabanas e Cee, sete de Toba, principalmente en Vilar; dous en Brens (un, o pai do párroco Juan de Noya); un en Ameixenda (na defensa de Ponte Olveira do día 12) e once en Corcubión (dous tamén en Ponte Olveira). Nesta defensa perdeu a vida Fernando Antonio Blanco Giance, párroco de San Xoán de Mazaricos, natural de Cee e padriño de Fernando Blanco de Lema.

Realizado o seu cometido de intimidación e castigo, as tropas francesas iniciaban o regreso a Santiago cando se atopan con algo inesperado. No alto da Armada estaban unha parte dos paisanos armados que contemplan a desfeita cometida polos dragóns . A situación é incómoda para os franceses, pero a falta de pericia, disciplina e táctica faría que o que puido ser unha sonada vitoria se convertese na fuxida duns veciños que se armaron para expulsar aos franceses e que en ningún momento, salvo honrosas excepcións, puideron facerlles fronte. Vendo como se desenvolveron os feitos podemos compartir a opinión do tenente da fragata Endymion cando escribe que o simple feito de armar a uns homes, xuntalos e chamalos exército non os transforma en soldados.

 

ENVIAR NOTICIA  

O fatídico 13 de abril de 1809

As tropas napoleónicas causaron numerosas baixas entre a poboación de Cee e Corcubión e regresaron a Santiago

* Campos obligatorios
Enviar a:
Tus datos:
 

ENVIAR NOTICIA  

Su envío se ha realizado correctamente

En breve los contactos recibirán en su correo electrónico un enlace a la noticia

Gracias por usar nuestros servicios

Cerrar

 

ENVIAR NOTICIA  

Se ha producido un error
No se ha podido realizar el envío

Revise sus datos y vuelva a intentarlo

Si se vuelve a producir un error, es posible que el servicio está momentáneamente no disponible. Inténtelo más tarde.

Disculpe las molestias. Gracias por usar nuestros servicios

Cerrar

LVDG_GOOGLE_ADSENSE:
O fatídico 13 de abril de 1809
Paizás, en Vimianzo, foi un importante escenario na invasión
Autor de la imagen: | CASAL
 
LVDG_PUBLICIDAD:robapaginas:edi.carballo
Cargando
Cargando
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08A
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08B
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08C
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08D
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08E
LVDG_PUBLICIDAD:10:edi.carballo
Otros enlaces de interés:
  • Webs del grupo
    • Anuncios Clasificados
      • Tarifas web
        • Contacte con nosotros
Confianza oline. Enlace a más información sobre el certificado © Copyright LA VOZ DE GALICIA S.A.
Polígono de Sabón, Arteixo, A CORUÑA (España)

R.M. de A Coruña: tomo 2438 del Archivo, Sección General, folio 114 vto., hoja C-2141. CIF: A-15000649.