«Sogama instalouse en Cerceda en 1992 e sempre mantivo unha boa relación co municipio»

La Voz

CARBALLO

08 feb 2009 . Actualizado a las 02:00 h.

O alcalde de Cerceda, José García Liñares, demostra ser un político cunha especial sensibilidade cara o medio ambiente. De feito, o seu municipio contou con diversas infraestruturas nos últimos tempos a nivel público e privado. O polígono industrial do Acevedo é un referente neste último apartado. As previsións para o futuro son, se cadra, aínda mellores. -A Sociedade Galega do Medio Ambiente (Sogama) conta en Cerceda co seu complexo de procesamento de residuos e hai numerosas empresas verdes localizadas no polígono industrial. ¿Por que é o seu un Concello ecolóxic o?

-Dende o punto de vista medioambiental hai novas iniciativas das que se pode falar. Unha delas é o xardín botánico, que estamos a piques de rematar. No referido ás enerxías alternativas imos dotar con placas solares ás instalacións deportivas municipais para auga quente sanitaria. Ademais, instalaremos un parque solar de enerxía fotovoltaica no antigo vertedoiro de Cobeláns. Proximamente porase en funcionamento, se se aproba, un parque eólico de tres megavatios. A nosa idea é ir apostando, cada vez máis, polas enerxías limpas. -¿Como é a relación con Sogam a?

-Dende que eu son alcalde esta entidade tivo varios presidentes. Sempre un é máis afín a unhas persoas que a outras, pero neste caso as relacións sempre foron moi boas. Houbo discusións, pero sempre se chegou a acordos.