pub
LVDG_PUBLICIDAD_p01:megabanner
LVDG_PUBLICIDAD:12:edi.carballo
portada de La Voz de Galicia

Buscador de contenidos

Elige:

Entrevista | rosa maría vidal vázquez escritora «É unha realidade ficticia»

Acaba de publicar na Biblioteca Virtual Galega unha obra que xa tiña escrito hai tempo: «Camelle Man»

Autor:
Patricia Blanco
Fecha de publicación:

De orixe laxense, Rosa Vidal reside en Vigo. Ten escrito xa varias obras dende o 1987, ano no que publicou por primeira vez, entre elas O baile das mariolas. Agora, na Biblioteca Virtual Galega, un espazo da páxina web da Universidade da Coruña, os seus lectores poderán ler outra das súas obras: Camelle Man.

-¿Estamos ante unha homenaxe escrita a Man, o alemán de Camelle?

-Non se trata dunha homenaxe como tal senón dunha novela baseada naquela época, basicamente a que vai dende o 1969 ata o 1975, unha época na que a chegada de Man a Camelle tivo un forte impacto na zona.

-¿Predomina a realidade ou a ficción nesta súa obra?

-Case todo o que publico é ficcionado. E esta obra é, tamén, unha realidade ficticia, algo que vou logrando ao longo dos 26 capítulos. Neles alternan dúas pandillas de rapaces daquela zona e que van vivindo as experiencias propias daquela época, un tempo de escuridade, como poderíamos chamalo.

-¿Pero pódese recoñecer algún espazo da zona?

-Iso por suposto. Sobre en certos capítulos que ambiento xa no ano 2000 e que alternan con aqueles outros que corresponden á época comprendida entre o 69 e o 75.

-¿Pretende, nalgún momento, reivindicar algo ou despertar conciencias?

-Iso xa depende moito de quen o lea. Nun principio, o que trato é de que sexa, basicamente, un resumo social deses anos, un tempo no que Man foi moi importante para a zona. Logo, na súa esencia, non digo que non poida haber un certo tono reivindicativo, pero iso xa depende moito de como o sinta o lector.

-¿A elección de Man e de Camelle como fondo da súa novela responde a algún tipo de vencello persoal coa localidade?

-Nacín en Laxe e, por esa proximidade, xa pode haber un certo apego coa zona. Aínda que tal vez, no fondo, tal vez se poida percibir algo do impacto que puidera ter causado en min ese personaxe. Non obstante, para nada estou metida dentro da obra, aínda que poida parecelo polo entorno. Tampouco é autobiográfica. Nunca aparezo nas obras que escribo.

-¿Cales son as vantaxas de publicalo na rede?

-Camelle Man é unha colaboración coa Universidade da Coruña, coa que xa teño feito outras. Tiña escrito a obra xa dende hai algún tempo, pero colgouse recentemente. O de publicar na rede véxoo como unha moi boa oportunidade para interactuar cos lectores: eles poden deixar os seus comentarios e eu respondelos. É algo que fago dunha forma totalmente altruísta.

 

ENVIAR NOTICIA  

Entrevista | rosa maría vidal vázquez «É unha realidade ficticia»

Acaba de publicar na Biblioteca Virtual Galega unha obra que xa tiña escrito hai tempo: «Camelle Man»

* Campos obligatorios
Enviar a:
Tus datos:
 

ENVIAR NOTICIA  

Su envío se ha realizado correctamente

En breve los contactos recibirán en su correo electrónico un enlace a la noticia

Gracias por usar nuestros servicios

Cerrar

 

ENVIAR NOTICIA  

Se ha producido un error
No se ha podido realizar el envío

Revise sus datos y vuelva a intentarlo

Si se vuelve a producir un error, es posible que el servicio está momentáneamente no disponible. Inténtelo más tarde.

Disculpe las molestias. Gracias por usar nuestros servicios

Cerrar

LVDG_PUBLICIDAD_MIVA:
«É unha realidade ficticia»
Rosa Vidal naceu en Laxe
Autor de la imagen: | CASAL
 
LVDG_PUBLICIDAD:robapaginas:edi.carballo
Cargando
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08A
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08B
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08C
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08D
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08E
LVDG_PUBLICIDAD:10:edi.carballo
Confianza oline. Enlace a más información sobre el certificado © Copyright LA VOZ DE GALICIA S.A.
Polígono de Sabón, Arteixo, A CORUÑA (España)

R.M. de A Coruña: tomo 2438 del Archivo, Sección General, folio 114 vto., hoja C-2141. CIF: A-15000649.
ojd