Ía para ser chamado Novembro , pero quedou pola metade, en Nove . A un amigo e compañeiro de vagadas artísticas gustoulle máis, e así lle quedou. É o novo poemario de María Lado, de Cee, 29 anos. Poetisa fai moito tempo, pero dende aquela foi engadindo rexistros ata o que é hoxe, unha artista multidisciplinar. Por acoutar: blogueira (e das primeiras), actriz, guionista, axudante de dirección, colaboradora habitual de sitios de información, videocreadora, inqueda ao fin (en http://casatlantica.blogspot.com) hai unha pequena escolma do que fai, pero se un busca por Youtube ou Flickr, se cadra usando algúns alter egos como María de Mallou, atopará máis manifestacións.
María define Nove : «O pequeno endemoniado libro dos meus desvelos nas últimas noites do verán pasado». E , infatigable camiñante da Rede como é, di onde está: «Xa está entre nós. Xa existe en maneira tradicional dos libros en papel de toda a vida, e en pouco tempo, días tal vez (tal vez o día de hoxe) xa se lle pode pedir ao libreiro de confianza alegando intereses poéticos ou outros síntomas de insomnio».
Esta é a ficha: Edita Fervenza, pola man de Xosé Luna e pola vontade do premio Avelina Valladares, premio que gañou e que conlevaba a edición. Deseñou a portada David Rubín e prologou o texto Suso Bahamonde. Anque agora só está accesible en formato folla, axiña tamén será posible conseguir o poemario descargándoo directamente dende a Rede. E de balde, «para servir a todas as personas libres do mundo virtual e do de máis aló».
Desacougo
Dun ou doutro xeito, o lector lerá o mesmo, intensos poemas de desacougo, de exilio interior, de dor. Da illa Novembro (de aquí ven todo), que habita todos os versos como símbolo dese estado emocional. Di María, que escribiu A primeira visión , Casa Atlántica , Casa cabaret ou Berlín , e que foi membro do Batallón Literario, que é «un libro de poemas que fala do desacougo de habitar un país como unha illa que navega ao lombo dun cetáceo ferido».
En breve los contactos recibirán en su correo electrónico un enlace a la noticia
Gracias por usar nuestros servicios
Revise sus datos y vuelva a intentarlo
Si se vuelve a producir un error, es posible que el servicio está momentáneamente no disponible. Inténtelo más tarde.
Disculpe las molestias. Gracias por usar nuestros servicios