pub
LVDG_PUBLICIDAD:12:edi.carballo
portada de La Voz de Galicia

Buscador de contenidos

Elige:

Os piratas ingleses de Poole entregan a cruz en Fisterra

Unha delegación que pertence ao coletivo Harry Paye acude á vila para desagraviar un acto de fai seis séculos

Autor:
S. Garrido
Fecha de publicación:

Fisterra xa ten algunhas cruces moi famosas. A cruz de Baixar, a de Santa María das Areas, a da Costa da Morte (no Cabo), ou cruceiros como o da Insua, o da Ribeira ou o monumental, pero pouco coñecido, da Rapadoira. Dende hoxe terá outro máis que lle seguirá dando sona, e ademais poderá presumir de que se trata dun dos poucos españois (ou o único) que os piratas ingleses lle traen adrede: a cruz de Poole.

A visita xa está moi anunciada, pero hoxe é o día. Cinco membros do colectivo Harry Paye (Jim Murphy, David Watkins, Rod Jenkins, Roger Laird y Jim Kellaway), que se dedica á recuperación histórica e a organizar actos benéficos, chegará hoxe á vila cunha cruz de madeira, de un metros por 60 centímetros e unha peza dun galeón español afundido en 1567 no suroeste de Inglaterra, para facer entrega dela á igrexa de Santa María das Areas. Salvan así unha débeda histórica , ou reparan un desagravio, xa que o Harry Paye, que no norte español era moi coñecido polas súas incursións a principios do século XV (chamábanlle Arrypay), nun dos seus asaltos, entrara na igrexa e levara consigo unha cruz. Cal foi, non se sabe.

Nin aquí, nin alá, en Inglaterra. Só quedan documentos falando destas accións, pero nada máis. E foi un dos temas abordados, nesta última semana, pola prensa inglesa (incluso no Telegraph ), na que se falou profusamente sobre esta visita e máis do sentido dela, con foros para os lectores incluídos.

Esta restitución simbólica farase pola tarde. Os piratas chegarán sobre as 12.30 da mañá a Fisterra, nunha viaxe que comezarán en Santiago, adonde chegaron onte (e marcharán mañá). Visitarán o faro e o castelo de San Carlos, que aloxa o museo de pesca. Despois da comida, acudirán á igrexa de Santa María, para facer entrega da cruz, que xa vén bendecida por un cura inglés. Onte aínda non estaba pechado o ceremonial, pero o máis probable é que quede situada nun lugar da entrada, aínda que o acto, con palabras dos representantes incluídas, se faga na capela do Cristo, onde está o da Barba Dourada. Mellor dito, non está, porque quere a casualidade que os técnicos anden facéndole probas en Santiago para restauralo nos vindeiros meses.

A capela, por tanto, está sen Cristo por primeira vez na Historia. Estaba (a escultura) cando chegou Harry Paye, hai 600 anos, e non vai estar a agora, que veñen os seus descendentes simbólicos, e con moitas mellores intencións.

 

ENVIAR NOTICIA  

Os piratas ingleses de Poole entregan a cruz en Fisterra

Unha delegación que pertence ao coletivo Harry Paye acude á vila para desagraviar un acto de fai seis séculos

* Campos obligatorios
Enviar a:
Tus datos:
 

ENVIAR NOTICIA  

Su envío se ha realizado correctamente

En breve los contactos recibirán en su correo electrónico un enlace a la noticia

Gracias por usar nuestros servicios

Cerrar

 

ENVIAR NOTICIA  

Se ha producido un error
No se ha podido realizar el envío

Revise sus datos y vuelva a intentarlo

Si se vuelve a producir un error, es posible que el servicio está momentáneamente no disponible. Inténtelo más tarde.

Disculpe las molestias. Gracias por usar nuestros servicios

Cerrar

LVDG_PUBLICIDAD_MIVA:
Os piratas ingleses de Poole entregan a cruz en Fisterra
David Watkins, do Museo de Poole, sostén a cruz que hoxe entregará, xunto aos seus compañeros, na igrexa fisterrá
Autor de la imagen: | PHIL YEOMANS
 
LVDG_PUBLICIDAD:robapaginas:edi.carballo
Cargando
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08A
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08B
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08C
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08D
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08E
LVDG_PUBLICIDAD:10:edi.carballo
Confianza oline. Enlace a más información sobre el certificado © Copyright LA VOZ DE GALICIA S.A.
Polígono de Sabón, Arteixo, A CORUÑA (España)

R.M. de A Coruña: tomo 2438 del Archivo, Sección General, folio 114 vto., hoja C-2141. CIF: A-15000649.
ojd