pub
portada de La Voz de Galicia

Buscador de contenidos

Elige:

De Fisterra a Canadá, un camiño de solidariedade

A Taberna Ultreia e Modesto Fraga participan nun acto para lograr fondos para unha unidade móbil infantil

Autor:
S. Garrido
Fecha de publicación:

O camiño pola Unidade de Coidados Intensivos para recén nacidos do Hospital Xeral de Victoria

. Este é o lema dunha xornada moi especial de música, danza, poesía, sons e proxeccións de imaxes, que se vai celebrar o vindeiro día 3 de maio na igrexa presbiteriana de San Andrés, situada en Victoria, a capital da Columbia Británica, na illa de Vancouver, no Canadá.

Trátase de reunir cartos, polo menos 30.000 dólares, para mercar unha unidade de coidados intensivos para bebés. Os que asistan deberán pagar unha entrada para ver o espectáculo e sumar o seu grao de area. En realidade, a campaña solidaria xa leva un certo tempo en marcha, e xa recadaron 23.000 dólares con diversos donativos.

Un proxecto loable, pero, ¿que ten que ver coa Costa da Morte? Ou con Fisterra, para ser máis concretos.

Ten moito que ver, sobre todo pola parte que lle toca á Taberna Ultreia desta localidade, e ao seu responsable, José María Velay. Por unha banda, o Camiño ao que fai referencia o acto é unha maneira de coller o de Santiago e o seu remate en Fisterra. Fixérono, o pasado verán, os promotores desta iniciativa, que se namoraron da vila do Cristo e nela permaneceron bastantes días. Ían moito ao Ultreia, entablaron amizade conVelay. Foi a el a quen llo contaron, e ademais fixérono partícipe.

Os promotores son unha familia de Quebec. Fred, Suzanne e Ella, de 10 anos. Pai, nai e filla respectivamente. Ela, soprano. O pai, mestre, e a cativa, unha virtuosa do violín, pese á súa idade. Os tres, grandes amantes da música celta, que interpretaron en numerosas ocasións en veladas na propia taberna.

A Ella, de pequeniña, salváronlle a vida precisamente no hospital ao que agora lle queren facer esa donación, e así xurdiu este proxecto, no que ademais aproveitarán para dar a coñecer o Camiño a Fisterra.

Para que se coñeza mellor, nese espectáculo do día 3 de maio haberá unha representación local, aínda que só sexa a través das pantallas e as gravacións. Os asistentes verán, por un lado, a Modesto Fraga recintado un poema, e a José María, cunha mensaxe dende a fin do mundo europea e con diversas imaxes de Fisterra. Un saúdo solidario, cultural e de peregrinaxes. Haberá, como é natural, moitas máis cousas nesa velada: músicos, bailaríns e poetas canadienses, ademais de indíxenas e unha representacións de españois que viven no segundo país máis grande do mundo, como a guitarra flamenca de Isa Milman ou o grupo Alma de Flamenco Dance Troupe, ademais de poesía escocesa ou a voz de Suzanne.

José María Velay Insua aporta moita máis información na súa páxina web (www.tabernaultreia.com), e tamén la dará, afirma, a todos aqueles que estean interesados en colaborar dalgún xeito.

 

ENVIAR NOTICIA  

De Fisterra a Canadá, un camiño de solidariedade

A Taberna Ultreia e Modesto Fraga participan nun acto para lograr fondos para unha unidade móbil infantil

* Campos obligatorios
Enviar a:
Tus datos:
 

ENVIAR NOTICIA  

Su envío se ha realizado correctamente

En breve los contactos recibirán en su correo electrónico un enlace a la noticia

Gracias por usar nuestros servicios

Cerrar

 

ENVIAR NOTICIA  

Se ha producido un error
No se ha podido realizar el envío

Revise sus datos y vuelva a intentarlo

Si se vuelve a producir un error, es posible que el servicio está momentáneamente no disponible. Inténtelo más tarde.

Disculpe las molestias. Gracias por usar nuestros servicios

Cerrar

LVDG_PUBLICIDAD_MIVA:
De Fisterra a Canadá, un camiño de solidariedade
Ella, de dez anos; Suzanne e Fred, os tres de Canadá, con José maría Vela, na Taberna Ultreia de Fisterra
 
LVDG_PUBLICIDAD:robapaginas:edi.carballo
Cargando
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08A
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08B
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08C
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08D
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08E
LVDG_PUBLICIDAD:10:edi.carballo
Confianza oline. Enlace a más información sobre el certificado © Copyright LA VOZ DE GALICIA S.A.
Polígono de Sabón, Arteixo, A CORUÑA (España)

R.M. de A Coruña: tomo 2438 del Archivo, Sección General, folio 114 vto., hoja C-2141. CIF: A-15000649.
ojd