pub
LVDG_PUBLICIDAD:12:edi.carballo
portada de La Voz de Galicia

Buscador de contenidos

Elige:

Entrevista | fernando fraga traba director da escola de música de Cee «O Conservatorio daría unha saída aos rapaces»

Tras sete anos de investigación vén de publicar?un manual con 45 pezas para acordeón

Autor:
Cristina Souto
Fecha de publicación:

O director da Escola de Música de Cee, Fernando Fraga Traba, presentou a semana pasada o libro A man lixeira... Pezas para acordeón , un manual de carácter pedagóxico destinado ás persoas que dan os seus primeiros pasos na interpretación do acordeón. Recolle 45 melodías e inclúe un cedé con todas esas pezas musicadas. É froito de sete anos de intenso traballo de recompilación.

-¿Que ofrece o libro?

-Contén, sobre todo, partituras de música tradicional galega. O que fixen foi arranxalas para que a xente que toca o acordeón teña un libro con pezas específicas. Ata agora só existía unha transmisión oral ou por medio de manuscritos, pero non había nada impreso.

-Inclúe tamén a versión musical desas pezas.

-As 45 pezas están gravadas nun cedé para que os estudantes teñan unha referencia auditiva de como creo que deben de soar esas pezas. É unha referencia soamente, porque a música galega, como toda a música, ten múltiples versións e formas de interpretación.

-¿Hai interesados en aprender a tocar o acordeón?

-A verdade é que si. Agora mesmo temos na escola sobre 20 alumnos. Son rapaces desde seis anos ata xente que xa está xubilada e que sempre tivo ganas de aprender, pero non tiña tempo. Teño alumnos de case os 70 anos. ?-Cunha clase de idades tan variadas ten que ser tremendo o intercambio de experiencias.

-É moi gratificante que estea tocando un rapaz de seis ou sete anos e que entre unha persoa maior e quede abraiada por como toca. E tamén ocorre ao revés. Ao final dáse un xogo moi bonito entre dúas ou tres xeracións.

-O título do libro fai referencia á man lixeira. ¿É necesaria para tocar o acordeón?

-Ten un dobre significado. Por un lado é o que debe ter un instrumentista, pero esa expresión tamén está sacada da letra dun alalá galego onde di que «o amor que ha de ser meu debe ter a man lixeira, á de coller a rosiña sen abalar a roseira».

-¿Que peza destacaría de todas as recollidas no libro?

-É difícil elixir porque hai alalás, cantos de berce, de arrieiro, danzas de todo tipo... Hai unha peza que a min me parece moi significativa porque foi recollida na zona de Cee. Era dun acordeonista que tocaba nas festas nos anos sesenta. A transcribín porque o meu pai a cantaba, porque non había ningunha partitura e o acordeonista xa non vivía.

-¿Segue sendo a Escola de Música de Cee unha das máis baratas de toda España?

-Así é e todos os profesores que veñen a impartir clase a Cee sempre nos comentan que é un dos sitios máis baratos dos que traballaron.

-¿Sería viable ter un Conservatorio en Cee?

-A nivel académico o Conservatorio sería moi necesario, porque lle daría unha saída a todos os rapaces que queren continuar os seus estudos de música. A súa viabilidade xa é algo máis político e económico.

 

ENVIAR NOTICIA  

Entrevista | fernando fraga traba «O Conservatorio daría unha saída aos rapaces»

Tras sete anos de investigación vén de publicar?un manual con 45 pezas para acordeón

* Campos obligatorios
Enviar a:
Tus datos:
 

ENVIAR NOTICIA  

Su envío se ha realizado correctamente

En breve los contactos recibirán en su correo electrónico un enlace a la noticia

Gracias por usar nuestros servicios

Cerrar

 

ENVIAR NOTICIA  

Se ha producido un error
No se ha podido realizar el envío

Revise sus datos y vuelva a intentarlo

Si se vuelve a producir un error, es posible que el servicio está momentáneamente no disponible. Inténtelo más tarde.

Disculpe las molestias. Gracias por usar nuestros servicios

Cerrar

LVDG_PUBLICIDAD_MIVA:
«O Conservatorio daría unha saída aos rapaces»
| x. búa
 
LVDG_PUBLICIDAD:robapaginas:edi.carballo
Cargando
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08A
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08B
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08C
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08D
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08E
LVDG_PUBLICIDAD:10:edi.carballo
Confianza oline. Enlace a más información sobre el certificado © Copyright LA VOZ DE GALICIA S.A.
Polígono de Sabón, Arteixo, A CORUÑA (España)

R.M. de A Coruña: tomo 2438 del Archivo, Sección General, folio 114 vto., hoja C-2141. CIF: A-15000649.
ojd