«Pedimos que fagan un seguimento para que non rexurda»

Cristina Souto

CARBALLO

04 nov 2007 . Actualizado a las 02:00 h.

O presidente da asociación antidroga Vieiro de Carballo, José Manuel Vázquez Gómez, leva anos denunciando os feitos delituosos que se producen a diario tanto na Colina coma noutros asentamentos marxinais da zona. Agora mostra a súa alegría por el éxito de la intervención ao tempo que advirten de la necesidade de manter el control para evitar novos rebrotes.

-¿Cómo valoran a operación dende Vieiro?

-A verdade é que temos unha satisfacción enorme, porque era un foco da droga importantísimo moi coñecido non só en Galicia, porque eu teño visto a viaxantes de toda España que viñan a subministrarse á Colina. Alí había un subministro terrorífico, aínda que é certo que ultimamente baixara un pouco porque había outros vendedores autónomos. A Colina, desde fai uns 20 anos, foi un dos focos máis importantes de toda a comarca.

-Un gran día.

-Sen dúbida, pero somos moi apáticos e non nos damos conta da magnitude desta operación. Carballo debería estar en festa porque esta foi a operación máis grande que se fixo nunca na Colina, onde están matando a moitos rapaces e están envelenando a moitos outros.

-Pero hai quen di que esta xente entrará na cárcere e sairá enseguida.

-Si, porque as nosas leis parecen que teñen medo a facerlle dano ao que está delinquindo. Agora colleuse a costume de pedir a solicitude de indulto e, ao mesmo tempo, lle piden ao xulgado que non se cumpra a sentenza mentres que non veña o indulto denegado ou aprobado. Esta é outro truco máis que favorece que algún delincuente presuma de que nunca irá ao cárcere. Parece que se protexe máis ao delincuente que á persoa que sofre os seus actos. As penas son tan mínimas que a esta xente lle compensa delinquir. Cada vez hai máis vendedores, porque as penas son irrisorias.

-¿Non cre que tería sido mellor facer a redada de forma simultánea en outros lugares como O Sixto ou o monte do Carmen, onde tamén se sabe que hai drogas?

-Si, pero temos unhas leis demasiado proteccionistas para estes señores que están delinquindo. Se van a unha casa a facer un rexistro e se se dan conta, tiran a bolsa da droga pola ventá e xa non lle poden achacar nada. As leis son moi proteccionistas para os que delinquen. É verdade que A Colina era só un punto máis de venta de droga, pero era tan descarado, tan descarado...

-¿Cree que con este golpe acabou a venda de droga en A Colina?

-Por suposto que non. Van seguir e, de feito, xa cambiaron de xeración. Por iso pedimos que fagan un seguimento para que iso non rexurda outra vez. Se non hai un control exhaustivo, en menos de dous meses a venda de droga volverá para o mesmo sitio.