pub
LVDG_PUBLICIDAD:12:edi.carballo
portada de La Voz de Galicia

Buscador de contenidos

Elige:

Xocaloma reaparecerá cun concerto en Cances

O grupo carballés non se pecha á posibilidade de retomar a súa carreira

Autor:
Cristina Abelleira
Fecha de publicación:

carballo | Xocaloma é un mito en Carballo. Cada vez que alguén se cruza pola rúa con Dolores Platas ou con Jorge Campos empeza a tararear, sen pensalo, algunha de tantas cancións que encheron os seis discos que publicaron. Hai xa moito tempo que non é doado escoitalos máis que naqueles vinilos dos anos setenta e oitenta. O concerto que ofreceron fai agora catro anos para conmemorar o 25 aniversario de Terra demostrou que moita xente botaba de menos a Xocaloma e, quizais, dalgunha maneira propiciou que o grupo volvese a reunirse para ensaiar.

Agora, o conxunto carballés, prepara a súa reaparición ante o seus público. Será o día 25 deste mes en Cances, a iniciativa da asociación cultural San Campio, e quen sabe se a partir dese momento se prodigará máis polos escenarios. «Non imos pecharnos a todo, pero como antes non vai ser», apunta Dolores Platas, quen recoñece que algúns membros do grupo están máis decididos que outros a darlle continuidade á iniciativa.

Xocaloma regresa con algunhas baixas, pero conserva a súa voz solista, Dolores Platas, e tamén as de Juan Carlos Díaz del Valle, Jorge Campos, Juan Cancela e Fernando Vitolo. Levan xa algún tempo ensaiando, e no seu repertorio do día 25, á parte de temas xa coñecidos, incluirán outros que nunca interpretaran en público, como un popurrí que titulan Maruxiña ou unha cantiga popular que Dolores Platas aprendeu de Carlos O'Xestal, «e que -asegura- sempre me gustou moito».

A primeira vez que a cantou foi no mitin central do BNG das pasadas eleccións, no que unha parte de Xocaloma apareceu por sorpresa sobre o escenario do Cine Rega. «En realidade chamáranme a min, e Juan Carlos e Juan Cancela acompañáronme». Tamén aquí volveron a sentir o calor do público. «Moita xente dime que lle gustaría que volveramos», apunta Dolores. De feito, a iniciativa da asociación San Campio para o día 25 é, máis que nada, unha homenaxe ao veterano conxunto.

Polo momento, os integrantes do grupo mantéñense á expectativa. «Moito depende de que a xente empece a escoitarte e de que lle gustes», apunta Dolores Platas. Pero, aínda que o regreso aos escenarios non chegue a materializarse, Xocaloma vai aproveitar o bo momento polo que atravesan os seus compoñentes, que este verán puideron coincidir para ensaiar e retomar un proxecto que os mantén unidos, malia todo, dende hai moitos anos. «Agora estamos máis relaxados, escollemos máis e temos máis tempo para pensar as cousas», sinala a solista. E despois, «quen sabe».

 

ENVIAR NOTICIA  

Xocaloma reaparecerá cun concerto en Cances

* Campos obligatorios
Enviar a:
Tus datos:
 

ENVIAR NOTICIA  

Su envío se ha realizado correctamente

En breve los contactos recibirán en su correo electrónico un enlace a la noticia

Gracias por usar nuestros servicios

Cerrar

 

ENVIAR NOTICIA  

Se ha producido un error
No se ha podido realizar el envío

Revise sus datos y vuelva a intentarlo

Si se vuelve a producir un error, es posible que el servicio está momentáneamente no disponible. Inténtelo más tarde.

Disculpe las molestias. Gracias por usar nuestros servicios

Cerrar

LVDG_PUBLICIDAD_MIVA:
Xocaloma reaparecerá cun concerto en Cances
Juan Carlos Díaz, Dolores Platas e Juan Cancela, na súa última actuación en público | CASAL
 
LVDG_PUBLICIDAD:robapaginas:edi.carballo
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08A
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08B
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08C
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08D
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08E
LVDG_PUBLICIDAD:10:edi.carballo
Confianza oline. Enlace a más información sobre el certificado © Copyright LA VOZ DE GALICIA S.A.
Polígono de Sabón, Arteixo, A CORUÑA (España)

R.M. de A Coruña: tomo 2438 del Archivo, Sección General, folio 114 vto., hoja C-2141. CIF: A-15000649.
ojd