A Igrexa somos todos os crentes, e entre todos, coa guía dos nosos pastores, temos que abrir canles de participación.
O despoboamento das parroquias rurais, a escaseza de vocacións sacerdotais e, sobre todo, o ambiente de increza e indiferencia relixiosa que se está a impoñer hoxe en día, esíxenos apostar con máis vigor e forza pola evanxelización e a misión, unificar criterios, unir forzas e organizarse mellor.
A Igrexa somos todos os crentes, e entre todos, coa guía dos nosos pastores, temos que abrir canles de participación e corresponsabilidade para poder afrontar este compromiso.
O Secretario diocesano de pastoral, Carlos Miranda Trevin, fainos unha presentación das Unidades Pastorais: que son, con que criterios se forman e como se organizan.
Tamén mostramos as catro Unidades Pastorais da nosa Diocese formalmente constituidas como tales: As Pontes, Vilalba, Caranza e o Ensanche de Ferrol. Outras están en proceso de configuración.
1. QUE É UNHA UNIDADE PASTORAL?
A pregunta que todos debemos responder con solucións prácticas é esta: «Podemos seguir atendendo ás nosas comunidades parroquiais como ata agora?» A nova evanxelización, que a Igrexa nos propón nos últimos anos esixe considerar a cada Parroquia desde a perspectiva global da Diocese e non ao revés. Ademais obriga a ter en conta na súa xusta medida aos fieis laicos, aos relixiosos e outros consagrados na vida da Igrexa, tanto no interior da mesma comunidade cristiá, como no que incumbe á súa presenza no mundo. Por iso compre diseñar un mapa diocesano de Unidades Pastorais (UPAS), que abran camiños a novas parroquias que poidan ser e vivir verdadeiramente como comunidades cristiás.
A definición máis común nunha UPAS sería esta: «un conxunto de Parroquias, próximas xeograficamente, que mantendo a súa actual condición xurídica e administrativa, son atendidas por un ou varios sacerdotes, coa participación activa de seglares, relixiosos e outros consagrados. Para conseguir unha maior e mellor atención evanxelizadora, deberán funcionar coma se fosen unha soa Parroquia en moitos aspectos».
Tamén se pode considerar unha Unidade Parroquial «a que forman dúas ou máis Parroquias nunha zona urbana, que se complementan entre si, de modo que cada unha delas non teña o mesmo organigrama ca a súa veciña, senón que cada unha se ?especialice?, digamos, nun conxunto armónico dos servizos que todas ofrecen aos fieis desas parroquias».
As Unidades Pastorais non se poden levar a cabo sen unha decidida dispoñibilidade por parte dos sacerdotes. Entendese que a moitos lles custe esa dispoñibilidade; pero sen esa grandeza de espírito todo resultará máis complicado.
A finalidade das Unidades Pastorais é formar comunidades cristiás vivas, fraternas e orgánicas que permitan realizar as actividades apostólicas propias dunha pastoral misioneira en comunión de carismas e en corresponsabilidade de todos os membros do pobo de Deus.
2. CRITERIOS PARA A ACCIÓN PASTORAL
As Unidades de Pastoral terán en conta para realizar a súa actividade apostólica os seguintes criterios pastorais:
1. Comuñón: a comuñón con Deus que se realiza na Igrexa mediante escoita da Palabra, a profesión da mesma fe, a celebración dos sacramentos e a vida da caridade ha ser fonte dunha profunda comunión entre todos os membros da Unidade Pastoral.
Promoverase unha viva fraternidade entre todos, así a acollida respectuosa ás diferentes vocacións, ministerios e peculiaridades, integrandoas na unidade e comunión efectiva e afectiva na vida da Igrexa, xerando unha pastoral de conxunto aberta ao arciprestazgo, á Igrexa diocesana e á Igrexa universal.
2. Misión: a comuñón é para a misión. A Unidade Pastoral impulsará unha tarefa evanxelizadora atenta á pastoral propia da comunidade e tamén á misión. Unha tarefa que leve a cada cristián e á comunidade no seu conxunto a vivir a fe e a dar testemuño dela nos seus respectivos ambientes, transformando a realidade na que están insertos conforme aos valores do Reino,dando razón da súa esperanza, ofrecendo canles de encontro cos que se afastaron ou cos que xa non están.
3. Corresponsabilidade: a comuñón e a misión son tarefa de todos, cada cal segundo a súa vocación, ministerio e carisma. A Unidade Pastoral establecerá os organismos adecuados para que esa corresponsabilidade de todo o Pobo de Deus coa axuda da dirección dos pastores poida realizarse orgánicamente, para un mellor servizo ao evanxeo e unha presenza significativa na nosa sociedade. A iso axudará especialmente un estilo de traballo en equipo nun clima de fraternidade.
4. Integralidade: a vida da Igrexa estrutúrase segundo a triple misión de Cristo: Sacerdote, Profeta e Rei. Toda comunidade viva é chamada a continuar esa misión de Cristo; por iso, desde unha profunda conciencia vocacional, a Unidade Pastoral coidará o anuncio da Palabra de Deus, con procesos catequéticos adecuados, coa predicación, con grupos de referencia, de matrimonios, de mozos, de movementos,... segundo as circunstancias concretas dos que a forman; celebrará e alimentará a fe potenciando unha relación intensa con Deus en diversas expresións de oración e devoción, sobre todo na celebración dos sacramentos, especialmente da Eucaristía e a Reconciliación; e vivirá a fraternidade e a caridade, manifestando o amor fraterno, especialmente cos máis necesitados.
5. Formación: todo o anterior require unha adecuada formación integral para que os cristiáns vivan cunha fe sólida e madura, acorde coas súas necesidades e as do tempo presente. A Unidade Pastoral, por si mesma ou en comuñón con outras Unidades do arciprestazgo, ofrecerá canles adecuadas de formación para que a comunidade poida dispor de axentes idóneos para as diferentes tarefas e de testemuñas cribles no mundo.
6. Programación: estes criterios reclaman unha programación adecuada na que se contemplen as posibilidades e as necesidades que ten a Unidade de Pastoral. Á luz das directrices do Plan Diocesano de Pastoral, da programación diocesana anual e da programación arciprestal, programará obxectivos e accións adecuados para que a Unidade poida responder da mellor forma posible ás súas necesidades desde as posibilidades concretas que ten. Unha adecuada avaliación periódica das programacións axudará a que se constrúa sempre sobre o que xa se traballou, evitando estancamentos e bloqueos pastorais.
3. ORGANISMOS E ACTIVIDADES
A. Organismos:
Cada Unidade de Pastoral terá un único Consello Pastoral, presidido polo párroco ou moderador, e integrado polos sacerdotes aos que está confiada, no seu caso, unha representación dos fieis laicos das distintas parroquias e unha representación dos consagrados que houbera na Unidade. O devandito consello será o órgano de comuñón e participación para programar e avaliar, fomentar e dinamizar a vida cristiá
En cada Consello abordaranse, necesariamente, as distintas dimensións da vida da Igrexa: a liturxia, a catequese, a acción caritativa e social e a dimensión específicamente misioneira para promover e alentar a vida da comunidade en cada un deses campos.
B. Actividades:
Para vivir o domingo como «día do Señor», o día da Comunidade e o día da Eucaristía, potenciaranse os distintos ministerios laicales que fagan da liturxia dominical unha verdadeira celebración de toda a comunidade. Tendo en conta que o sacerdote só pode celebrar dúas misas como máximo os días laborables e tres os domingos e festas de precepto, establecerá os lugares e horarios de culto e a periodicidade con que se celebrará a Eucaristía nas distintas igrexas da Unidade Pastoral. Nas parroquias nas que non se poida celebrar o domingo a Eucaristía recoméndase preparar, para as persoas que non poidan desprazarse, «celebracións dominicais en espera de presbítero». Potenciarase, igualmente, para as persoas que poidan desprazarse, a participación na Eucaristía que se celebre máis próxima ao seu lugar de residencia, tendo presente nesa Eucaristía a participación dos fieis de diferentes lugares de procedencia. Establecerase tamén un calendario de celebracións da Eucaristía nos días laborables nas distintas parroquias.
De igual maneira, o párroco ou moderador, xunto co Consello ou Equipo Pastoral, programará as demais actividades pastorais da Unidade Pastoral da forma máis conveniente: as catequeses, as ofertas formativas, a celebración da Penitencia, a visita aos enfermos, o funcionamento do equipo de liturxia, as accións caritativas e sociais da Unidade, a preparación adecuada para o matrimonio e para o bautismo dos fillos, a atención organizada á terceira idade, a pastoral vocacional, etc.
Así mesmo, na medida do posible, cada Unidade buscará actividades especificamente misioneiras coas que achegarse ás persoas afastadas e ao ambiente necesitados dun primeiro anuncio evangélico: familias, adolescentes, xoves, etc.
Nas Unidades Pastorais recoméndase vivamente que a Vixilia Pascual, o sacramento da Confirmación e outras solemnidades importantes celébrenas unidas todas as parroquias nunha única igrexa.
Procurarase que en cada parroquia haxa algunha persoa ou persoas de recoñecida honestidade e formación cristiá ás que se poida encomendar a dirección dalgúns actos de piedade, a distribución da comuñón aos enfermos, a atención e o coidado do templo e os bens parroquiais. Son ministerios laicales que enriquecen a vida da comunidade.
C. Sé, despacho, libros parroquiais e centro parroquial
A Unidade Pastoral contará cunha sé. Nela, normalmente, estará a residencia habitual do presbítero, o despacho parroquial, o arquivo das parroquias que a integran e o centro pastoral coas instalacións necesarias. Procurarase, ademais, que en cada parroquia haxa un lugar adecuado para a atención persoal e as reunións. Cada parroquia manterá en uso os seus propios libros parroquiais e o selo parroquial. No arquivo da Unidade de Pastoral custodiarase debidamente, ademais dos libros parroquiais, toda a documentación propia das distintas parroquias.
En breve los contactos recibirán en su correo electrónico un enlace a la noticia
Gracias por usar nuestros servicios
Revise sus datos y vuelva a intentarlo
Si se vuelve a producir un error, es posible que el servicio está momentáneamente no disponible. Inténtelo más tarde.
Disculpe las molestias. Gracias por usar nuestros servicios