Actualizado La Voz, página de inicio
Ir a la Portada

O Seminario Maior Diocesano

Testemuñas da misericordia de Deus. Ser sacerdote, sentirse chamado, responder a esta chamada, propoñer expresamente aos mozos esta posibilidade? non resulta fácil hoxe en día. Sen embargo, como dí o eslogan do Día do Seminario, ser sacerdote é «unha vida apaixoante». Unha vocación que é coma un tesouro que só se pode entender e vivir desde a fe. O Ano sacerdotal que celebramos nos axude a valorar e desexar este don.

Autor:
Gonzalo Varela Alvariño | Rector
Fecha de publicación:
Hora:
Actualizada a las 17:30 h

A formación dos candidatos ó ministerio presbiteral constitúe a razón de ser do Seminario Maior. Este enténdese, pois, como o lugar privilexiado, dentro da comunidade diocesana, ó servicio da formación integral para o ministerio ordenado. O Seminario Maior é o lugar onde se forman os futuros sacerdotes da Diocese de Mondoñedo-Ferrol.

É polo tanto, tamén, o lugar de referencia para a maduración persoal e para o discernimento vocacional. Para cumprir o seu obxectivo, o Seminario Maior debe ter en conta todas aquelas dimensións da formación, a partir das que se vai artellando a vida dos seminaristas:

Formación humana. Está fóra de dúbidas que a formación humana constitúe a base de toda a formación sacerdotal. A madurez humana que esixe o propio ministerio fai imprescindible un discernimento continuado acerca das aptitudes humanas do chamado, tanto antes de entrar no Seminario coma durante todo o proceso de formación.

Formación intelectual. Os estudios filosóficos e teolóxicos tamén están ó servicio desta formación. O primeiro deber inexcusable do seminarista é o estudio que, para garantir a súa seriedade, debe ser programado e constantemente revisado.

Formación espiritual. Constitúe o centro vital que unifica e dá senso a tódalas outras dimensións da formación. A madurez na fe é a chave tanto para o discernimento vocacional coma para o futuro ser e facer do sacerdote.

Formación comunitaria. A experiencia da vida comunitaria vai formando á persoa e contribúe á súa madurez en tódalas outras dimensións. Unha experiencia comunitaria auténtica é a mellor garantía para formar a quen está chamado por Deus para crear comunidade entre os seus irmáns.

Formación pastoral. Posto que a misión esencial do Seminario Maior é a de formar aunténticos pastores, é necesario que aprendan a exercer a arte do apostolado non só en teoría, senón tamén a través da práctica.

Así, pois, o tempo que vai desde o ingreso no Seminario ata a ordenación sacerdotal supón para o seminarista un tempo de maduración persoal e vocacional, que ten un carácter progresivo e que se fundamenta nese diálogo constante que se dá entre a gracia de Deus e a liberdade do chamado.

A vocación sacerdotal é un don de Deus. Primeiramente é don para quen é chamado. Pero tamén é don para toda a Igrexa, para a súa vida e para a súa misión. Por iso os cristiáns debemos agradecerlle a Deus as novas vocacións que El suscita na súa Igrexa para regalárnolas a todos.

 

ENVIAR NOTICIA  

O Seminario Maior Diocesano

Testemuñas da misericordia de Deus. Ser sacerdote, sentirse chamado, responder a esta chamada, propoñer expresamente aos mozos esta posibilidade? non resulta fácil hoxe en día. Sen embargo, como dí o eslogan do Día do Seminario, ser sacerdote é «unha vida apaixoante». Unha vocación que é coma un tesouro que só se pode entender e vivir desde a fe. O Ano sacerdotal que celebramos nos axude a valorar e desexar este don.

* Campos obligatorios
Enviar a:
Tus datos:
 

ENVIAR NOTICIA  

Su envío se ha realizado correctamente

En breve los contactos recibirán en su correo electrónico un enlace a la noticia

Gracias por usar nuestros servicios

Cerrar

 

ENVIAR NOTICIA  

Se ha producido un error
No se ha podido realizar el envío

Revise sus datos y vuelva a intentarlo

Si se vuelve a producir un error, es posible que el servicio está momentáneamente no disponible. Inténtelo más tarde.

Disculpe las molestias. Gracias por usar nuestros servicios

Cerrar

 
Autor de la imagen: CEDIDA
 
Autor de la imagen: CEDIDA
 
Autor de la imagen: CEDIDA

Relacionados de la noticia