Licenciouse en Ciencias do Mar en Vigo no 97. Marchou a Francia. Doutorouse e estivo en Cádiz, París e China. Malia algunha tentación de ficar no estranxeiro confesa que tivo morriña e voltou para facer país a través da ciencia. Nuria Fernández, investigadora do Grupo de Recursos Mariños e Pesquerías da Universidade da Coruña, colle entre aspas o concepto de «xoven investigadora». Cun dilatado currículo, supera a trintena e afirma que lle queda moita traxectoria por diante. «Nesta carreira de fondo a consideración da idade é distinta», di.
?Por qué?
?Considérannos estudantes moito tempo e é un pouco inxusto. Inflúe ser bolseiros tantos anos, mesmo cando es doutor. Pero es produtivo para a Universidade, que se beneficia das publicacións, das clases que impartes... Levo anos contratada e a xente aínda me pregunta: queres esta bolsa?
?Logo da súa peregrinaxe de novo aquí...
?Si, pasei por todos os estadios dende que rematei a tese no 2002, sobre contaminación mariña. Cando ocorreu o accidente do Prestige contratáronme na Universidade para desenvolver unha acción urxente no Ministerio.
?Como foi a experiencia?
?Recórdoa moi tensa, de ter a toda a prensa no laboratorio. Na tese desenvolvín un bioensaio para estudar a calidade dos sedimentos mariños cun capítulo sobre hidrocarburos. No Prestige usáronse ese tipo de bioensaios.
?Partiu da Universidade e voltou a ela?
?Parecíame que en Galicia había moito que facer. Voltei co Programa Parga Pondal, coas súas vantaxes e riscos porque para renovarte o contrato tes que publicar e facer proxectos, ás veces con tempo insuficiente. Tamén dou clases. Para estabilizarte é moi valorada a docencia, que a mín encántame. Tiven a tentación de quedar en París, pero tendo estudado en Galicia, sendo a Xunta quen me pagou a bolsa para estudar sería unha mágoa non traballar aquí.
?Que se fai no laboratorio unha tarde a finais de xuño?
?Pois píllasme pedindo proxectos para financiarnos, agora que saíron convocatorias.
?Que proxectos preparades?
?Un sobre unha explotación de recursos pesqueiros en Galicia. Fanse os estudos biolóxicos necesarios para facer un plan de explotación sostible. Logo hai proxectos en áreas mariñas protexidas.
?E se non estivera dando clase nin preparando proxectos?
?Pois desenvolvería os proxectos que preparamos. Hai un para estudar como foi a evolución das pesquerías no ourizo de mar. Investigas a evolución da pesquería, canto se sacou cada ano, a arte de pesca, o esforzo de pesca, para coñecer as causas da sobreexplotación, saber se é posible repoboar. Tes que entrevistar aos pescadores, que saben moito.
En breve los contactos recibirán en su correo electrónico un enlace a la noticia
Gracias por usar nuestros servicios
Revise sus datos y vuelva a intentarlo
Si se vuelve a producir un error, es posible que el servicio está momentáneamente no disponible. Inténtelo más tarde.
Disculpe las molestias. Gracias por usar nuestros servicios