Actualizado La Voz, página de inicio
Ir a la Portada
Elige:

ciencia e mercado Vexetais que delatan a presenza de contaminación

Fecha de publicación:
Hora:
Actualizada a las 12:00 h

Non teñen estrutura comercial nin acoden ás empresas a ofrecer os seus servizos, pero as principais compañías do sector industrial xa recorreron a eles. Son o Grupo de Ecotoxicología e Ecofisiología Vexetal da Universidade de Santiago e traballan, entre outros, nunha solución para definir a concentración de contaminantes nun determinado espazo e cotexar cal é o dano que están producindo. A casuística é variable, pero a clave é sempre a mesma: os biomonitores, organismos vivos que poden ser plantas, animais ou ata unha molécula ou unha célula e que son os indicadores ideais para dar información sobre un medio.

«O mellor biomonitor é o musgo», apunta Jesús Ramón Aboal, docente e investigador do grupo que capitanea Alejo Carballeira, catedrático de Ecoloxía. Pero hai alternativas. Así colaboran coa firma Novotec para diferenciar contaminantes a partir de plantas de tabaco clónicas, unhas sensibles ao ozono e outras non. «O obxectivo é precisar o grao de contaminación nun medio atmosférico ou acuático para determinar se dana aos seres vivos», explica Aboal. O abanico é ilimitado e permite medir ozono, dioxinas, hidrocarburos ou metais pesados. O paso adiante que representa este enxeño ten que ver coa capacidade para delimitar as efectos da contaminación, información que non precisaban os métodos convencionais de medición. Aboal reivindica que eles poden ofrecer máis datos e facelo dun xeito máis económico. «Unha estación para medir eses parámetros pode chegar a custar uns 300.000 euros, o noso método é moito máis barato e útil», advirte.

Quizais por iso empezan a suscitar o interese dalgunhas institucións públicas, que en teoría deberían de velar por estes detalles. O Concello de Santa Cruz de Tenerife encargou ao grupo de investigadores da USC a realización dun mapa de contaminación dunha ampla contorna da cidade. «Tomaremos mostras en sesenta puntos con musgos que se colgan dos farois», anticipa Aboal. É un traballo extrapolable a outras contornas, máis próximos e onde cabería coidar as agresións en cascos históricos. Por exemplo, Santiago. «Ofrecémolo, pero non obtivemos resposta», explican. Nada diso paraliza o traballo no grupo, que por un mero interese científico ten controlados as contornas de oitenta das industrias máis representativas de Galicia. Elas non o saben, pero cerca poden ter un brión delator e grazas a el pódese saber con que metais contaminan e canto ou se determinadas accións empresariais a favor do medio ambiente son efectivas ou non. Hai tamén desagradables e alarmantes sorpresas. «Atopámonos cunha fábrica que ten un nivel de contaminación bestial, dos máis altos de Europa. Dixémosllo ás autoridades e non fixeron nada polo momento», apunta Aboal, que é algo escéptico respecto da acollida que dispensan algúns sectores ás revelacións da biomonitorización. «Con empresas grandes e agora con concellos como o de Santa Cruz de Tenerife detectamos un interese en saber con que están contaminando, pero hai bastantes empresas de tamaño mediano que prefiren non sabelo».

 

ENVIAR NOTICIA  

ciencia e mercado Vexetais que delatan a presenza de contaminación

* Campos obligatorios
Enviar a:
Tus datos:
 

ENVIAR NOTICIA  

Su envío se ha realizado correctamente

En breve los contactos recibirán en su correo electrónico un enlace a la noticia

Gracias por usar nuestros servicios

Cerrar

 

ENVIAR NOTICIA  

Se ha producido un error
No se ha podido realizar el envío

Revise sus datos y vuelva a intentarlo

Si se vuelve a producir un error, es posible que el servicio está momentáneamente no disponible. Inténtelo más tarde.

Disculpe las molestias. Gracias por usar nuestros servicios

Cerrar

Vexetais que delatan a presenza de contaminación
Alejo Carballeira, nunha imaxe de arquivo
Autor de la imagen: SANDRA ALONSO
 
Confianza oline. Enlace a más información sobre el certificado © Copyright LA VOZ DE GALICIA S.A.
Polígono de Sabón, Arteixo, A CORUÑA (España)

Inscrita en el Registro Mercantil de A Coruña en el Tomo 2438 del Archivo, Sección General, a los folios 91 y siguientes, hoja C-2141. CIF: A-15000649.