Vilelos celebrará este venres o Folión de Fachas

monforte / la voz

O SAVIÑAO

24 sep 2014 . Actualizado a las 12:59 h.

A parroquia de Vilelos, no municipio do Saviñao, celebrará o venres o seu tradicional Folión de Fachas. Ás oito da tarde ofrecerase na localidade unha pancetada popular. Posteriormente, ás doce da noite, comezará o desfile das fachas, unhas antorchas de grande tamaño elaboradas cuns arbustos coñecidos como agucios. A marcha discorrerá desde a localidade ata o alto do Castro da Besta.