«Os concellos das zonas do rural non deberían saír prexudicados das fusións»

La Voz

BARBANZA

06 nov 2011 . Actualizado a las 06:00 h.

Os nacionalistas dos concellos de Barbanza e Muros-Noia escolleron case por unanimidade a Xosé Lois Piñeiro para que representara na Deputación ao BNG. Esta é unha gran responsabilidade e un aliciente para el, xa que asegura que botará as horas de traballo que fagan falta para conseguir as súas metas.

-Manifestou, cando foi escollido pola súa formación, que daría continuidade aos proxectos de país do BNG dende a Deputación, ¿cales son estes plans?

-Trátase de facer un seguimento das ideas firmes que presentou o Bloque dende o Goberno autonómico. A dinamización do turismo de Barbanza ou manter o plan de cooperación entre os concellos son algúns dos obxectivos. Por outra parte, defendemos o reparto de subvencións de maneira que se teñan en conta criterios de poboación ou de superficie.

-¿Que opinión lle merecen as voces que avogan pola fusión de concellos para fortalecelos?

-Este é un debate moi complexo. Hai que diferenciar entre municipios rurais e urbanos. Os rurais non deberían saír prexudicados das fusións.

-¿Como ve ao seu partido neste momento?

-O BNG ten que remontar a representación no Goberno central. Non queremos maiorías absolutas. Estamos traballando na campaña a pleno rendemento e só hai que botar unha ollada aos carteis que pegamos o xoves. O Partido Popular nin sequera saíu á rúa. Deberían ter máis coidado coa prepotencia. E o PSOE de Ribeira presenta no seu cartel a Rubalcaba, non se sabe ben quen vai por A Coruña.