«Queremos que os veciños organicen as súas festas»

BARBANZA

07 sep 2011 . Actualizado a las 06:00 h.

A organización das festas de Porto do Son este ano foi case unha carreira contrarreloxo. A renuncia da antiga comisión de festas fixo que os propios concelleiros e varios voluntarios decidisen coller a batuta e en só vinte días organizaron os festexos máis importantes do municipio. José Manuel Deán, concelleiro de Cultura, foi quen exerceu de presidente.

-¿Como se organizan unhas festas en tan só vinte días?

-¿Foron os veciños máis sobrios á hora de facer as achegas para as festas?

-Aínda non rematamos de facer a recadación, pero é máis ou menos a do ano pasado, uns 30.000 euros. O Concello, pola súa banda, aporta entre 30.000 e 35.000 euros máis para os festexos.

-E para o ano, ¿cren que haberá comisión de festas?

-Queremos que os veciños organicen as súas festas e non sexa o Concello, porque é certo que as festas do Son son as máis importantes, pero hai dez parroquias no municipio con dez comisións e que as organice o Concello pode ser un agravio comparativo. Queremos que se forme unha nova comisión organizadora e nós axudar en todo o posible, con material e incluso xestionando os distintos permisos.

-¿Agardan unha gran participación de sonenses e visitantes?

-Si, claro. Na romaría do Loreto, que é un dos días fortes, pode haber no campo 4.000 ou 5.000 persoas. Se o tempo continúa a ser bo agardamos ese número de persoas, e incluso podería desbordarse.

-¿Foi difícil contratar a José Manuel Soto?

-Non. É coñecido de David Gaciño, que xa o trouxo a visitar Porto do Son un par de veces.

Deán Pouso está á fronte da organización FOTO simón balvís

-Organizar as festas en si é doado, porque a contratación das actuacións pódese facer vía telefónica. O que xa é máis complicado son a xestión dos permisos, por exemplo, con Portos de Galicia, a contratación dos seguros das procesións e a recadación entre os veciños.