A dinamización do galego chega aos campamentos de verán

ribeira / la voz < / span>

BARBANZA

23 jul 2011 . Actualizado a las 06:00 h.

O programa de dinamización lingüística O galego campa chegou onte ao campamento de Espiñeira, no municipio boirense. O director xeral de Xuventude, Ovidio Rodeiro, e o responsable do departamento de Política Lingüística, Anxo Lorenzo, presentaron a iniciativa a máis dun cento de nenos.

Co fin de favorecer a expresividade no idioma galego a través da música, as actividades xiraron arredor do disco Desaparafusador de gominola, que inclúe divertidas propostas musicais de diferentes estilos pensadas para os máis mozos.

Para a realización do traballo, a Xunta de Galicia contou con voces como a de Guadi Galego, Najila Shami e Ramón Bermejo. Da autoría de Celso Fernández, Pedro Pascual y Pablo Pascual son os escritos e a música. Os tres artistas estiveron presentes no acto.

Posteriormente, Olivio Rodeiro trasladouse ao campamento Virxe de Loreto, no concello de Porto do Son. Ao longo deste verán pasarán polas instalacións máis de 500 nenos.