«Quero ofrecerlle aos nenos o que sei do mundo da canción»

La Voz

PORTO DO SON

11 jun 2011 . Actualizado a las 06:00 h.

Por se fora pouco percorrer España ao lado de Roi Casal e atender os contratos do seu propio grupo, Silvia Ferre está agora en proceso de embarcarse nunha nova aventura, a de mestra: «Quero ofrecerlle aos nenos o que sei do mundo da canción». A rianxeira aliouse con Ramón Leis, director da escola de música de Porto do Son, para impartir este verán un curso na vila: «Será algo moi sinxelo, para que os alumnos aprender a estar no escenario e a mellorar as técnicas básicas de canto, pero todo de xeito divertido».

O seu obxectivo é afianzarse nesta faceta pedagóxica, impartindo a partir de setembro canto como unha materia complementaria das que forman parte xa do programa formativo da escola de música sonense.