pub
Actualizado La Voz, página de inicio
Ir a la Portada

dni barbanceses no seu recuncho «No eido artístico, tiras para diante porque che gusta, pero é complicado»

Autor:
m. x. blanco
Localidad:
ribeira / la voz
Fecha de publicación:
  • Valoración de la noticia 1 , 2 , 3 , 4 , 5 , ()
  • Envíando datos... Espere, por favor.
  •  Gracias.

Baixo a marca Arteleira, desde hai un tempo está a percorrer Barbanza unha colección de esculturas que son obra dun artista ribeirense. Trátase de Jontxu Argibay, coñecido tamén por ser o autor de pezas que son como emblemas en lugares estratéxicos da comarca, como é o caso do Polbeiro de Castiñeiras ou do Segador de Olveira. Pese a dedicarse ao complicado eido da creación, el elixiu a súa terra natal para desenvolver a súa profesión e a súa vocación. Recoñece que non lle está a resultar nada doado e que incluso se veu obrigado a diversificar o traballo cara a rama formativa para seguir a flote, pero confía na chegada de tempos mellores. Mentres, expresa pensamentos e sentimentos como mellor sabe, dándolle forma a materiais inertes.

Para inspirarse, Argibay acode con frecuencia, sobre todo no inverno, aproveitando a ausencia de bañistas, á praia do Castro, en concreto, ás ruínas que quedan en pé da vella fábrica de conservas. Asegura que este é o seu recuncho preferido: «Alí xogaba cando era pequeno e parecíame un lugar moi divertido. Había varias edificacións e era coma un labirinto, agora vou a debuxar e a pensar».

A paraxe sérvelle ao creador para viaxar no tempo e retrotraerse ata épocas pasadas: «Aproveitando as historias que me contaba o meu avó, que era mariñeiro, imaxínome como se vivía nesta zona alá polos anos corenta». Jontxu recoñece que das súas estadías no areal do Castro «saíron moitas esculturas», por iso, defende que a zona se acondicione e pase a ser un espazo verde para o goce de todos os veciños.

Longa traxectoria

As ideas que a este ribeirense lle veñen á cabeza na praia de Castiñeiras e noutros recunchos da parroquia, consérvaas no maxín para logo darlle forma no estudo que ten en Aguiño, un lugar que tamén forma parte da súa lista de espazos preferidos. O creador montou este taller xunto a José Gude no 2003, aínda que desde hai pouco máis dun ano, afronta a aventura en solitario. Arteleira é, ademais do seu estudo, a súa marca persoal.

Jontxu considérase unha persoa afortunada por estar cumprindo o seu sono, aínda que sexa superando un sinfín de obstáculos: «No eido artístico, tiras para diante porque che gusta, pero é complicado, custa moito vivir disto e ás veces é frustrante ver que te estás esforzando para nada». Por iso, o ribeirense tivo que diversificar o seu labor cara a rama formativa. Desde hai un tempo, ten en marcha un obradoiro de iniciación á escultura en Carreira e pretende impartir clases noutros puntos da comarca. Asegura que calquera pode subirse a este carro: «Para dedicarse profesionalmente á escultura hai que perfeccionar a técnica, pero para empregala como unha fórmula de lecer e relaxación, é algo moi doado».

Jontxu argumenta que tocar o material e darlle forma coas mans é un bo método para fuxir do estres e tamén para aprender a ser máis tranquilo e a controlarse. A el gustaríalle que a escultura lle servira tamén para estabilizarse profesionalmente, aínda que recoñece que, coa crise, os encargos das Administracións se paralizaron e a nivel particular, «só compran os verdadeiros afeccionados».

Jontxu Argibay

Escultor

A vella conserveira da praia do Castro, onde «xogaba cando era pequeno e a onde vou agora a debuxar e pensar»

 

ENVIAR NOTICIA  

dni «No eido artístico, tiras para diante porque che gusta, pero é complicado»

* Campos obligatorios
Enviar a:
Tus datos:
 

ENVIAR NOTICIA  

Su envío se ha realizado correctamente

En breve los contactos recibirán en su correo electrónico un enlace a la noticia

Gracias por usar nuestros servicios

Cerrar

 

ENVIAR NOTICIA  

Se ha producido un error
No se ha podido realizar el envío

Revise sus datos y vuelva a intentarlo

Si se vuelve a producir un error, es posible que el servicio está momentáneamente no disponible. Inténtelo más tarde.

Disculpe las molestias. Gracias por usar nuestros servicios

Cerrar

LVDG_GOOGLE_ADSENSE:
«No eido artístico, tiras para diante porque che gusta, pero é complicado»
O artista, nas ruínas da vella fábrica do Castro, unha das súas fontes de inspiración.
Autor de la imagen: carmela queijeiro

Relacionados de la noticia

 
Cargando
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08A
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08B
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08C
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08D
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08E
Confianza oline. Enlace a más información sobre el certificado © Copyright LA VOZ DE GALICIA S.A.
Polígono de Sabón, Arteixo, A CORUÑA (España)

Inscrita en el Registro Mercantil de A Coruña en el Tomo 2438 del Archivo, Sección General, a los folios 91 y siguientes, hoja C-2141. CIF: A-15000649.