Aguiño honrou a dous dos seus grandes personaxes

ribeira / la voz

BARBANZA

16 ene 2011 . Actualizado a las 07:00 h.

Aguiño estivo esta fin de semana moi preto de dous dos seus grandes personaxes: o desaparecido e querido párroco Francisco Lorenzo Mariño e o teólogo Andrés Torres Queiruga. O venres, organizada pola entidade que leva o nome do falecido sacerdote aguiñés, houbo unha mesa redonda en torno á figura de Torres Queiruga, na que el mesmo participou. Foi unha velada de palabras. De verbas para honrar a un dos nomes propios da historia viva de Galicia.

Empezou falando Unai González, presidente do colectivo organizador. Dixo que Torres Queiruga leva sempre consigo o nome de Aguiño e fixo un breve perfil del. Logo, deulle paso a Engracia Vidal, secretaria da asociación Encrucillada. Ela destacou a importancia do teólogo no contexto da historia galega, lembrou que escribiu 75 libros traducidos a 15 idiomas distintos. Tamén lle agradeceu que inculcase na Igrexa «a idea dunha Igrexa galega».

Posteriormente, falou Manuel Dourado, que lembrou como, no momento no que tivo unha crise de fe, coñeceu ao teólogo aguiñés. Ante uns cen espectadores, contou anécdotas e desvelou as claves da grande amizade que os une. Tamén tiveron palabras para Torres Queiruga, para Francisco Lorenzo e para a entidade organizadora os representantes do Concello que se deron cita en Aguiño. Acudiron os concelleiros Luciano Fernández e Esther Patiño. Torres Queiruga, moi emocionado, agradeceu a homenaxe e mostrouse encantado de ser profeta na súa terra. Onte, os actos culturais continuaron. Con motivo do aniversario da morte do párroco Francisco Lorenzo, unha comitiva desprazouse ata o cemiterio de Porto do Son, onde se fixo unha ofrenda floral e soou música. Concretamente, o himno do Antigo Reino de Galicia e

Tamén tiveron palabras para Torres Queiruga, para Francisco Lorenzo e para a entidade organizadora os representantes do Concello que se deron cita en Aguiño. Acudiron os concelleiros Luciano Fernández e Esther Patiño. Torres Queiruga, moi emocionado, agradeceu a homenaxe e mostrouse encantado de ser profeta na súa terra. Onte, os actos culturais continuaron. Con motivo do aniversario da morte do párroco Francisco Lorenzo, unha comitiva desprazouse ata o cemiterio de Porto do Son, onde se fixo unha ofrenda floral e soou música. Concretamente, o himno do Antigo Reino de Galicia e

Onte, os actos culturais continuaron. Con motivo do aniversario da morte do párroco Francisco Lorenzo, unha comitiva desprazouse ata o cemiterio de Porto do Son, onde se fixo unha ofrenda floral e soou música. Concretamente, o himno do Antigo Reino de Galicia e Queixumes dos pinos.