Pepe Romero, Torres Queiruga e Equipos de Normalización, Sirenos de Bronce do 2010

La Voz

BARBANZA

28 nov 2010 . Actualizado a las 02:00 h.

O gaiteiro Pepe Romero, o teólogo Andrés Torres Queiruga e os Equipos de Normalización Lingüística foron elixidos polos socios de Barbantia para recibir os Sirenos de Bronce 2010 que entrega a Asociación Cultural Barbantia.

Pepe Romero conseguiu a distinción correspondente á traxectoria cultural no Barbanza, na que foron finalistas Manuel Mariño, Paola García e Xoán Mariño.

Torres Queiruga leva o sireno da cultura galega, superando a Eva Veiga, Soledad Penalta e Xosé Ramón Barreiro.

A Coordinadora de Equipos de Normalización Lingüística faise co galardón á iniciativa cultural, por diante do Liceo de Noia, a Casa da Gramática e o Ateneo Valle-Inclán.