pub
Actualizado La Voz, página de inicio
Ir a la Portada

Entrevista | beatriz ageitos presidenta do grupo folclórico tahume «Un serán é unha festa popular, como as que se facían antes»

Ageitos e o seu equipo son os promotores da foliada que terá lugar mañá en Ribeira e á que se sumarán, como mínimo, quince agrupacións galegas

Autor:
M. X. Blanco
Localidad:
ribeira/la voz.
Fecha de publicación:

Leva un ano e medio á fronte do grupo de baile e música tradicional Tahume de Ribeira, pero a vinculación de Beatriz Iglesias co folclore remóntase a moito máis atrás. Ela mesma recoñece que leva toda a vida neste ámbito.

-¿Como se leva o desempeño do cargo de presidenta do grupo?

-A verdade é que a presidenta é a que menos traballo ten dentro do que é a xunta directiva do grupo. Ten que asinar documentos e poñer a cara en determinadas ocasión, pero o labor non é tan intenso como o da tesoureira ou a secretaria, que son as que teñen que están pendentes da documentación e da obtención de fondos.

-¿Canta xente forma a gran familia de Tahume?

-Pois somos ao redor de medio cento de persoas entre os que tocan a gaita e a pandeireta e os que bailan.

-¿Cales son os principais problemas que ten que enfrontar un colectivo coma este?

-O máis importante, sen dúbida, é o económico. Sempre queres facer un montón de actividades, moverte, viaxar para actuar fóra... pero sempre te atopas con dificultades de carácter económico. A cota que se abona polas clases emprégase case de forma íntegra en pagarlle aos mestres, polo que hai que vender rifas ou organizar actividades para conseguir fondos. As contas sempre van moi axustadas. Outro dos grandes problemas é a falla de afección por parte da xente moza.

-¿Pero non está a atravesar un bo momento o folclore?

-Levo desde os cinco anos no grupo e sempre se repiten os mesmos ciclos: hai dez anos de subida, con xente que se interesa por aprender a tocar e a bailar, e outros dez de baixón. Isto non só pasa en Tahume, senón que é unha tendencia xeral.

-¿Vai por ciclos entón?

-Si, pero teño que recoñecer que agora mesmo parece que está a rexurdir, aínda que moi amodo.

-¿Como xurdiu a idea de organizar o serán?

-É algo que tiñamos en mente desde hai tempo, pero que nunca puidemos levar á práctica. Cremos que é un bo xeito de empezar o novo curso da agrupación, animando á xente a sumarse a nós. Xa o ano pasado tiñamos previsto organizalo, pero ao final non contamos cos medios necesarios. Nesta ocasión, o Concello de Ribeira apoiounos plenamente e por iso puidemos facer realidade a idea.

-¿Cantos grupos está previsto que participen?

-De momento hai trece grupos de adultos inscritos, procedentes da Coruña e de Pontevedra, aos que hai que engadir algúns de Barbanza.

-¿Pero calquera pode sumarse aínda á festa?

-Por suposto. Un serán é unha festa popular, como as que se facían antes. Todo o mundo que saiba ou queira cantar e tocar pode sumarse. Cada grupo dos inscritos terá quince minutos para actuar no escenario pero, desde abaixo, o público tamén poderá bailar e tocar ou, sinxelamente, mirar. Para repoñer forzas, haberá comida para todos os presentes.

-E todo co obxectivo de promocionar o folclore, ¿non?

-Si, en Pontevedra fanse moitos seráns pero, en Barbanza, só é soado o de Rianxo. No resto da comarca non son habituais, o que é unha mágoa.

-O que mañá se celebrará no polideportivo de Sirves, ¿nace con vocación de continuidade?

-A nosa intención é esa, pero o tempo o dirá. Penso que o feito de romper o xeo con esta primeira edición é xa un logro importante, porque sempre resultará máis doado organizar os futuros seráns de Ribeira.

 

ENVIAR NOTICIA  

Entrevista | beatriz ageitos «Un serán é unha festa popular, como as que se facían antes»

Ageitos e o seu equipo son os promotores da foliada que terá lugar mañá en Ribeira e á que se sumarán, como mínimo, quince agrupacións galegas

* Campos obligatorios
Enviar a:
Tus datos:
 

ENVIAR NOTICIA  

Su envío se ha realizado correctamente

En breve los contactos recibirán en su correo electrónico un enlace a la noticia

Gracias por usar nuestros servicios

Cerrar

 

ENVIAR NOTICIA  

Se ha producido un error
No se ha podido realizar el envío

Revise sus datos y vuelva a intentarlo

Si se vuelve a producir un error, es posible que el servicio está momentáneamente no disponible. Inténtelo más tarde.

Disculpe las molestias. Gracias por usar nuestros servicios

Cerrar

LVDG_GOOGLE_ADSENSE:
«Un serán é unha festa popular, como as que se facían antes»
Ageitos leva en Tahume desde que tiña cinco anos
Autor de la imagen: | SIMÓN BALVÍS
 
Cargando
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08A
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08B
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08C
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08D
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08E
Confianza oline. Enlace a más información sobre el certificado © Copyright LA VOZ DE GALICIA S.A.
Polígono de Sabón, Arteixo, A CORUÑA (España)

Inscrita en el Registro Mercantil de A Coruña en el Tomo 2438 del Archivo, Sección General, a los folios 91 y siguientes, hoja C-2141. CIF: A-15000649.