pub
Actualizado La Voz, página de inicio
Ir a la Portada

Entrevista | roque torres moreira profesor de ioga «A xente busca no ioga relaxar a tensión física e mental»

Convencido dos beneficios da meditación, Torres comparte os seus coñecementos cos barbanceses

Autor:
Rosa Gallardo
Fecha de publicación:

Iniciouse no mundo do ioga hai máis dun cuarto de século e, desde entón, Roque Torres non só practica esta disciplina orixinaria da India, senón que tenta expandila en Barbanza impartido clases.

-¿Cales son as claves para definir que é o ioga?

-

Relaxación, respiración profunda e respiración natural, consciencia e postura corporal, mente aberta, curiosidade e confianza nun mesmo.

-¿Que busca a xente que comeza a practicalo?

-

Xeralmente a xente ven buscando aliviar o estrés ou algunha doenza física, buscando unha hora para estar consigo mesma, estirar o corpo, respirar máis profundamente e relaxar a tensión física é mental. Logo, coa práctica, algunhas persoas engánchanse. -¿Como se desenvolve unha sesión? -N ormalmente ten tres partes diferenciadas. Empezamos por uns minutos de meditación ou exercicios de pranaiama (respiración). Logo o núcleo da clase consiste nunha sesión de asanas ou posturas de ioga, que serven para estirar e recolocar o sistema músculo-esquelético, así ímonos desfacendo das tensións do día. A parte final consiste nunha relaxación profunda ou nunha meditación dirixida. -¿Cales son os beneficios de practicar ioga?

-Aí

nda que o ioga non foi deseñado especialmente como terapéutico, senón coma unha filosofía práctica, as investigacións e estudos que se fixeron dende fai máis de cincuenta anos, demostran que a súa práctica resulta moi beneficiosa para a saúde. A nivel físico, resulta positivo para o tratamento de enfermidades do sistema locomotor; reuma, artrites, malformacións da columna? así como para doenzas do corazón e do aparato respiratorio. A nivel mental, esta disciplina reduce o estrés, especialmente a meditación. A un nivel máis profundo, o ioga é un camiño de apertura do ser cara a paz interior.

-¿En que consiste a meditación? -A meditación ven a ser o centro dun sentido equilibrado, tomar conciencia de ser. Isto explícase mellor con imaxes. Quero dicir que se nos vemos a nós mesmos como a propia atmosfera, e aos fenómenos atmosféricos como os fenómenos mentais que padecemos habitualmente, debemos tomar conciencia da propia transitoriedade deses fenómeno. Un ten que deixarse de identificar con ese ruído mental e observalo dende outra perspectiva, dende a quietude.

 

ENVIAR NOTICIA  

Entrevista | roque torres moreira «A xente busca no ioga relaxar a tensión física e mental»

Convencido dos beneficios da meditación, Torres comparte os seus coñecementos cos barbanceses

* Campos obligatorios
Enviar a:
Tus datos:
 

ENVIAR NOTICIA  

Su envío se ha realizado correctamente

En breve los contactos recibirán en su correo electrónico un enlace a la noticia

Gracias por usar nuestros servicios

Cerrar

 

ENVIAR NOTICIA  

Se ha producido un error
No se ha podido realizar el envío

Revise sus datos y vuelva a intentarlo

Si se vuelve a producir un error, es posible que el servicio está momentáneamente no disponible. Inténtelo más tarde.

Disculpe las molestias. Gracias por usar nuestros servicios

Cerrar

LVDG_GOOGLE_ADSENSE:
«A xente busca no ioga relaxar a tensión física e mental»
Roque leva máis de 25 anos practicando ioga
Autor de la imagen: | GALLARDO
 
Cargando
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08A
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08B
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08C
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08D
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08E
Confianza oline. Enlace a más información sobre el certificado © Copyright LA VOZ DE GALICIA S.A.
Polígono de Sabón, Arteixo, A CORUÑA (España)

Inscrita en el Registro Mercantil de A Coruña en el Tomo 2438 del Archivo, Sección General, a los folios 91 y siguientes, hoja C-2141. CIF: A-15000649.