«Moita xente vén especificamente a montar a cabalo ou pescar»

Rosa Gallardo

BARBANZA

21 mar 2010 . Actualizado a las 02:00 h.

Carmen Lucinda Caamaño Castro é propietaria da casa rural Casa Zuleiro, en Outes.

-¿Como se decide a montar este tipo de negocio?

-Vivín en Suíza durante vinte anos, e cando decidimos volver a Galicia pensamos en montar un negocio de turismo rural. Miramos un pouco e encontramos estas tres casas en ruínas. Só pediamos que estivese preto da praia. Así que compramos.

-¿Cal foi o seguinte paso?

-Pedimos as axudas pertinentes, contratamos unha empresa de restauración e en 18 meses estaba todo listo. Logo a decoración foi cousa nosa, pouco a pouco fómola aclimatando.

-¿Que ofrecen aos seus clientes?

-Temos restaurante, ofrecemos produtos caseiros como marmeladas, chourizos, ovos e patacas que plantamos nós mesmos. Ademais, temos yacuzzi e eu son titulada en masaxe, así que ofrecemos descanso. Tamén traballamos conxuntamente coa estivada ecuestre, así que contamos con rutas a cabalo e facilitamos permisos de pesca. Moita xente vén especificamente a montar ou pescar.

-¿Tiña experiencia na hostalería?

-En Suíza traballaba nun restaurante durante as fins de semana, entón collín experiencia en cociña.

-¿De onde vén o nome da casa?

-Vén de vello. Aquí en Brión de Arriba todos coñecen a casa por este nome, penso que ten que ver coa función que tiña antano, porque aquí facíase e gardábase o viño de toda a aldea.