A pobrense está á fronte dunha nova entidade que pretende traballar na formación do colectivo feminino
Co fin de achegar o seu grao de area para que a igualdade entre homes e mulleres sexa real, un grupo de veciñas da Pobra crearon a asociación Madoan. Á fronte deste novo colectivo está María José Rivadulla. -¿Como nace a idea de crear a asociación? -Pois nace do resultado dun grupo de veciñas deste pobo con inquedanzas moi similares, preocupadas basicamente pola integración sociolaboral e na participación activa da muller na sociedade. -¿Que obxectivos persegue? -Para que a muller poida participar e representarnos na sociedade actual, ten que estar preparada e a nosa intención é axudar as féminas nesta función, promovendo cursos de formación, conferencias, xornadas informativas e debates. -¿Teñen xa deseñado un programa de actividades? -Si, e xa llo presentamos en febreiro á secretaria xeral de Igualdade. Nel figura unha xornada sobre igualdade de xénero co título As mulleres e a exclusión social , xa que todas somos coñecedoras da situación de marxinalidade que padecen millóns de mulleres no mundo. Outro tema que nos preocupa moito é a influencia da moda nas nosas nenas, polo que teremos unha sesión sobre os trastornos da conduta alimentaria. -¿Cre que se fixeron avances en materia de igualdade en Barbanza?
-Algo fíxose, pero temos que avanzar moito máis. En Barbanza, ao igual que no resto de Galicia e en España, a muller destaca cando vale o dobre que un home. Ela ten que estar demostrando día a día que sabe e que pode, un home non. -¿Cales son as materias pendentes neste eido? -Moitas, pero a muller ten unha gran virtude, a constancia. Creo que a muller é moito máis constante que o home, tense que sacrificar máis e ten que traballar moito máis duro para poder acceder a postos de responsabilidade. A min gustaríame que en Barbanza houbese moitas máis mulleres dirixindo empresas e mesmo que houbese moitas máis mulleres empresarias. Temos que dar o salto á dirección de empresa. Hoxe a muller está igual ou máis preparada que o home, de feito, xa domina eidos como a medicina ou a xustiza, pero a empresa resísteselle. -¿Como ve a muller do século XXI? -A muller galega foi escalando banzos con constancia e sacrificio para poder chegar ao lugar que lle correspondía. Nas universidades do século XXI hai moitas máis mulleres que homes. O mundo no que vivimos ten que ser compartido por homes e mulleres, coas mesmas condicións laborais e coas mesmas oportunidades. Só así lograremos un mundo máis igualitario.
En breve los contactos recibirán en su correo electrónico un enlace a la noticia
Gracias por usar nuestros servicios
Revise sus datos y vuelva a intentarlo
Si se vuelve a producir un error, es posible que el servicio está momentáneamente no disponible. Inténtelo más tarde.
Disculpe las molestias. Gracias por usar nuestros servicios