pub
LVDG_PUBLICIDAD_p01:inters
LVDG_PUBLICIDAD:megabanner:edi.barbanza
Actualizado La Voz, página de inicio
Ir a la Portada

CONVERSAS CON... | JUAN PÉREZ MARTÍNEZ, «XANDOMAR» MARIÑEIRO XUBILADO E AUTOR DO LIBRO «ANTIGA DORNA POLBEIRA DE CASTIÑEIRAS» «Sobre a dorna e os asuntos do mar hai moito escrito e poucas verdades»

Curioso e polifacético son cualificativos deste autor que pon a experiencia de cincuenta anos no mar para darlle a xeracións vindeiras nocións sobre o oficio

Autor:
Ciprián Rivas
Fecha de publicación:

Juan Pérez Martínez, Xandomar , nace o 3 de abril de 1932 en Castiñeiras (Ribeira). Estuda no Colexio Sagrado Corazón Jesús as catro regras. De aquí sae para o mar co seu avó á pesca do polbo con liña. Está casado con Josefa e son pais de seis fillos. Na actualidade, viven cinco. Exerceu o oficio de mariñeiro durante cincuenta anos e quen o coñece ve nel un home inquedo. O mar e todo o que o rodea forma parte da súa vida. A el lle debe quen é. A súa familia, os seus fillos, tamén están vinculados á forma de vida de seus antepasados.

-Din que os mariñeiros ían por outros mares na pesca ou na mercante co obxectivo de facer barco ou casa aquí, ¿vostede seguiu a mesma ruta?

-Fun un dos poucos mariñeiros que non marchou para a emigración. Sempre mirei este mar. -¿Por que? -Adapteime ben aquí. Compensaba a vida do mar coa labranza. -¿Que oficios desempeñou? -Empecei ao polbo, abadexo, lura, maragota, corbelo e, cando era a época da ameixa, ao marisqueo. A pesca que practicabamos daquela era artesanal. Usabamos a liña e a forma tradicional que nos ensinaron os nosos avós. Despois alternei o mediomundo e o xeito -Pero non sempre viviu destas artes, ¿non si? -Aos trinta anos fíxenme armador con outro socio, meu cuñado. O primeiro barco chamouse Manolito . Dedicábanos ao congro, a palometa co palangre e, tamén, ás nasas da nécora. Despois fixemos un barco máis grande, o Coloso . Meu cuñado, chegado o momento no que os fillos medraron, fixo o Sin par . -Acaba de sacar un libro editado por vostede que leva por título «Antiga dorna polbeira de Castiñeiras» con deseños e maquetación de Xerardo Crusat. ¿Pediu algunha axuda para a súa publicación? -Andei un pouco no Concello, pero non vin as cousas moi claras. Resulta que de 1.600 libros que ían editar só me dixeron que me «regalaban» 40 ou 50; os outros ían para entregar como obsequio institucional. Os libros non se poden regalar. Todos os que se dan de balde teñen pouca entidade para o lector. Esta obra está feita con traballo e rigorosidade e debe ser apreciado por quen lle interese. -¿Cando empezou a investigar sobre a dorna de vela? -Hai xa corenta anos. Teño cadernos coas follas amarelas con apuntes meus. Tiña moitas gañas de sacalo. Traballando con Crusat, levamos case cinco anos, sempre procurando facelo no tempo libre del. Pola outra banda, un colaborador preocupado polo devir da publicación fixo coas súas fotos e a lenda do home de Sagres un labor de recollida moi considerado. É Antonio Parada. -¿Que trata de expoñer no libro ?

-Sobre a dorna e os asuntos do mar hai moito escrito e poucas verdades. Os que escriben sobre a dorna inciden sempre no que plasmaron outros e caen nos mesmos erros; é dicir, copian dos outros. Ademais da miña experiencia profesional, o que fixen foi contar co asesoramento de vellos mariñeiros que tiveron esta embarcación como ferramenta de traballo para manter as súas familias. Recollo os termos técnicos orais e a fala dos mariñeiros de Castiñeiras. -O libro trata da dorna e de Castiñeiras con fotos dun grande valor etnolóxico, ¿parece que vostede quere chegar máis aló da dorna? -Falamos do léxico da dorna, da pesca do polbo e introducimos fotos de principios e mediados do século XX. Verbas como dorna e dornallo son vocábulos que se manteñen no interior de Galicia e refírense a embarcacións de madeira que flotan en ríos, polo tanto, non é orixinaria só desta parte da ría. Tamén esta outra verba que se está a perder, cuchifarra , que é un pequeno coitelo para esmagorrar os polbos e facer iscos do magorro e peixe. Normalmente facíanse doutros coitelos vellos. -¿Quedou contento coa publicación? -Non quero pecar de vaidoso, pero despois de tantos anos de traballo e consulta vexo reflectido un sono. Cando miro o libro e vexo as fotografías dos meus veciños, moitos deles xa desaparecidos, éntrame o recordo dun tempo xa pasado, pero aínda moi presente na miña cabeza. Non son modelos escolleitos ó azar. Non, son persoas coas que convivín preto da miña casa e practicando os mesmo oficios. Oxalá algún día este traballo sirva para que nos colexios de Castiñeiras e para todos os do Barbanza se poida estudar unha forma de vida xa desaparecida. Aquel que non coñeza o pasado non pode avanzar no futuro.

 

ENVIAR NOTICIA  

CONVERSAS CON... | JUAN PÉREZ MARTÍNEZ, «XANDOMAR» «Sobre a dorna e os asuntos do mar hai moito escrito e poucas verdades»

Curioso e polifacético son cualificativos deste autor que pon a experiencia de cincuenta anos no mar para darlle a xeracións vindeiras nocións sobre o oficio

* Campos obligatorios
Enviar a:
Tus datos:
 

ENVIAR NOTICIA  

Su envío se ha realizado correctamente

En breve los contactos recibirán en su correo electrónico un enlace a la noticia

Gracias por usar nuestros servicios

Cerrar

 

ENVIAR NOTICIA  

Se ha producido un error
No se ha podido realizar el envío

Revise sus datos y vuelva a intentarlo

Si se vuelve a producir un error, es posible que el servicio está momentáneamente no disponible. Inténtelo más tarde.

Disculpe las molestias. Gracias por usar nuestros servicios

Cerrar

LVDG_GOOGLE_ADSENSE:
«Sobre a dorna e os asuntos do mar hai moito escrito e poucas verdades»
Juan Pérez Martínez, xunto ao monumento á dorna
Autor de la imagen: | ANTONIO PARADA

Relacionados de la noticia

 
LVDG_PUBLICIDAD:robapaginas:edi.barbanza
Cargando
LVDG_PUBLICIDAD:17:edi.barbanza
Cargando
Cargando
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08A
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08B
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08C
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08D
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08E
LVDG_PUBLICIDAD:10:edi.barbanza
Confianza oline. Enlace a más información sobre el certificado © Copyright LA VOZ DE GALICIA S.A.
Polígono de Sabón, Arteixo, A CORUÑA (España)

Inscrita en el Registro Mercantil de A Coruña en el Tomo 2438 del Archivo, Sección General, a los folios 91 y siguientes, hoja C-2141. CIF: A-15000649.