pub
LVDG_PUBLICIDAD_p01:megabanner
LVDG_PUBLICIDAD:12:edi.barbanza
Actualizado La Voz, página de inicio
Ir a la Portada

reportaxe O mellor da artesanía galega

Medio cento de pezas seleccionadas polo xurado do certame Antonio Fraguas recalan estes días en Noia

Autor:
M. X. Blanco
Fecha de publicación:

Foron case duascentas as pezas que se presentaron á sétima edición do premio de artesanía Antonio Fraguas, promovido pola Deputación da Coruña. De todas elas, nun primeiro proceso de selección, o xurado do certame elixiu medio cento. Estas obras forman parte dunha exposición que onte se inaugurou no coliseo Noela e que nos vindeiros meses percorrerá outras localidades da provincia.

Como non podía ser doutro xeito, entre as obras que conforman esta mostra atópanse as gañadoras desta edición do concurso. Na modalidade de artesanía tradicional, o galardón foi a parar a mans de Agustín Vázquez pola peza Ola de graxa ; mentres que no eido contemporáneo foi o cambadés Francisco Pardos o que logrou conquistar aos integrantes do xurado co seu Caixoeiro con prótesis . Trátase dunha escultura feita en madeira.

Pero a exposición, como sinalou o seu comisario, Manuel González, é un auténtico escaparate do que son os oficios tradicionais, xa que nela están representados un amplo abano de eidos. Así, hai pezas de cerámica, olería de Buño, téxtil en liño, tornaría en madeira, encadernación e escultura, así como un número importante de artigos de xoiería.

Maqueta a escala

Se hai unha obra que causa impacto aos espectadores, tanto polo seu tamaño como pola laboriosidade, esa é unha maqueta dun automóbil feita a escala.

Na maior parte dos casos, cada un dos artistas seleccionados achega a esta mostra dúas ou tres pezas, o que enriquece a exposición, xa que algúns artesáns concorreron ao certame con series de varias obras.

No acto de inauguración que onte tivo lugar no coliseo Noela participaron o rexedor local, Rafael García Guerrero, e a deputada responsable da área provincial de Cultura, Caridad González, quen destacou a importancia deste tipo de exposicións con carácter itinerante para achegar o mellor da arte que se fai en Galicia ás disintas localidades.

No que á vila noiesa se refire, a colección de pezas artísticas tradicionais e contemporáneas permanecerá a disposición do público no coliseo ata o domingo. Ese día, a mostra emprenderá camiño cara a outro municipio da provincia.

 

ENVIAR NOTICIA  

reportaxe O mellor da artesanía galega

Medio cento de pezas seleccionadas polo xurado do certame Antonio Fraguas recalan estes días en Noia

* Campos obligatorios
Enviar a:
Tus datos:
 

ENVIAR NOTICIA  

Su envío se ha realizado correctamente

En breve los contactos recibirán en su correo electrónico un enlace a la noticia

Gracias por usar nuestros servicios

Cerrar

 

ENVIAR NOTICIA  

Se ha producido un error
No se ha podido realizar el envío

Revise sus datos y vuelva a intentarlo

Si se vuelve a producir un error, es posible que el servicio está momentáneamente no disponible. Inténtelo más tarde.

Disculpe las molestias. Gracias por usar nuestros servicios

Cerrar

LVDG_GOOGLE_ADSENSE:
O mellor da artesanía galega
García Novo, Caridad González, Guerrero e Manuel González, no acto de inauguración
Autor de la imagen: | DOURAL
 
LVDG_PUBLICIDAD:robapaginas:edi.barbanza
Cargando
LVDG_PUBLICIDAD:17:edi.barbanza
Cargando
Cargando
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08A
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08B
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08C
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08D
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08E
LVDG_PUBLICIDAD:10:edi.barbanza
Confianza oline. Enlace a más información sobre el certificado © Copyright LA VOZ DE GALICIA S.A.
Polígono de Sabón, Arteixo, A CORUÑA (España)

Inscrita en el Registro Mercantil de A Coruña en el Tomo 2438 del Archivo, Sección General, a los folios 91 y siguientes, hoja C-2141. CIF: A-15000649.