pub
LVDG_PUBLICIDAD_p01:megabanner
LVDG_PUBLICIDAD:12:edi.barbanza
Actualizado La Voz, página de inicio
Ir a la Portada

de tal pau, tal acha | antonia González, óscar e david fernández A cabalo entre o sal e a pementa

Esta familia noiesa leva máis de cen anos dedicada á hostalería. Óscar e David son xa a cuarta xeración desta saga que rexenta o restaurante Ferrador

Autor:
Vanessa Lagares
Fecha de publicación:

A relación desta familia noiesa cos fogóns ven de moi lonxe, exactamente dende hai 109 anos. Segundo contan Óscar e David, foi o seu bisavó quen alá polo ano 1900 fundou o primeiro negocio: unha fonda na que non só se servían comidas, senón que tamén se daba aloxamento. A casa matriz, como eles lle chaman, estaba pegada ao restaurante que a día de hoxe rexentan e que recibe o nome de Ferrador.

Aquel primeiro establecemento, que a familia alternaba coa actividade de ferrar cabalos e vacas, estivo operativo ata o ano 58, momento en que se trasladou ata o número 11 da rúa Costa do Ferrador. Cabe destacar que as instalacións onde a día de hoxe está situado o negocio eran o lugar empregado polo avó de Óscar e David, coñecido como o señor Paco, para ferrar os animais.

A pesar do cambio de ubicación os donos seguiron quentando os fogóns e ofrecendo camas á súa clientela ata o ano 1967. Naquel momento, e con María Antonia recen chegada á familia - posto que había pouco que casara co fillo dos propietarios do bar-, o negocio deixou de dar aloxamento. Pero ese non sería o único cambio que sufriu o local hostaleiro antes da chegada da década dos setenta, posto que alá polo ano 68 os seus propietarios decidiron reformar por completo as instalacións e montar un café bar.

«Pasamos de ter un bar tradicional a rexentar un local para a xuventude. Ofertábamos bocadillos e tapas e tamén tíñamos máquinas de xogos», di María Antonia.

Unha década despois, e grazas aos consellos dun inspector de Turismo, o bar transformouse de novo en restaurante. «Un bo día veu por aquí uns inspector de Turismo e díxonos que o local era moi bonito e que o podíamos destinar a restaurante, pensámolo e aquí estamos», apuntou a restauradora.

Así, con María Antonia aos fogóns, quen aprendeu a cociñar grazas as tías do seu home e a unha tía súa que traballaba en Madrid atendendo a marqueses e condes, o Ferrador comezou a servir comidas máis elaboradas, nas que non faltaban os callos, a fabada ou a carne asada.

De pais a fillos

Como non podía ser doutro xeito, dous dos fillos de María Antonia sentiron a chamada da cociña dende moi novos. Sobre todo Óscar, quen dende a adolescencia xa lle pedía aos seus pais permiso para atender á clientela e servir as mesas. Esa ambición foi a que o levou a estudar cociña en Santiago e a darlle un toque de fusión á carta que hoxe os caracteriza. Das súas mans saen receitas como filloas recheas de marisco sobre salsa de ourizos ou lacón asado con castañas glaseadas, así como outros pratos máis tradicionais, como as ameixas á mariñeira ou as receitas de rape.

Os mesmos pasos seguiu o seu irmán David, aínda que neste caso especializouse na rama de restauración. Así, coas ilusións renovadas e a experiencia que lle aportaron os seus antepasados, estes dous mozos encárganse do restaurante dende o 2005.

A fama da que gozan fai que ata o seu local se acheguen persoas de toda a comarca e xente que acostuma a saír no papel cuché como Jorge Fernández, Jaime Cantizano ou o cantautor Pablo Milanés, entre outros.

 

ENVIAR NOTICIA  

de tal pau, tal acha | antonia González, óscar e david fernández A cabalo entre o sal e a pementa

Esta familia noiesa leva máis de cen anos dedicada á hostalería. Óscar e David son xa a cuarta xeración desta saga que rexenta o restaurante Ferrador

* Campos obligatorios
Enviar a:
Tus datos:
 

ENVIAR NOTICIA  

Su envío se ha realizado correctamente

En breve los contactos recibirán en su correo electrónico un enlace a la noticia

Gracias por usar nuestros servicios

Cerrar

 

ENVIAR NOTICIA  

Se ha producido un error
No se ha podido realizar el envío

Revise sus datos y vuelva a intentarlo

Si se vuelve a producir un error, es posible que el servicio está momentáneamente no disponible. Inténtelo más tarde.

Disculpe las molestias. Gracias por usar nuestros servicios

Cerrar

LVDG_GOOGLE_ADSENSE:
A cabalo entre o sal e a pementa
Este trío está moi orgulloso de seguir atendendo o negocio que iniciaron os seus antepasados
Autor de la imagen: | DOURAL

Relacionados de la noticia

 
LVDG_PUBLICIDAD:robapaginas:edi.barbanza
Cargando
LVDG_PUBLICIDAD:17:edi.barbanza
Cargando
Cargando
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08A
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08B
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08C
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08D
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08E
LVDG_PUBLICIDAD:10:edi.barbanza
Confianza oline. Enlace a más información sobre el certificado © Copyright LA VOZ DE GALICIA S.A.
Polígono de Sabón, Arteixo, A CORUÑA (España)

Inscrita en el Registro Mercantil de A Coruña en el Tomo 2438 del Archivo, Sección General, a los folios 91 y siguientes, hoja C-2141. CIF: A-15000649.