Quintáns, Quintana

María Isabel Santos

BARBANZA

18 dic 2009 . Actualizado a las 02:00 h.

Dos abundantes topónimos que aluden a tipos de asentamentos humanos, temos Quintáns na Pobra e Boiro. A voz latina quintana era propia da lingua militar: praza ou vía do campamento romano onde se vendían víveres, entre o quinto e o sexto manípulo. O praenome «Quintus» tamén podería ter dado orixe a estes topónimos. Porén, as relacións co número 5 poden ter máis recente xénese: a quinta parte da produción que o arrendador ou quinteiro entregaba ao señor na época medieval. Do significado de «casa con leiras ao seu redor» ao de «aldea, terreo acoutado», chégase con facilidade. Quintana, lugar chairo que rodeaba as igrexas usado como camposanto, témolo referido ao cemiterio de Santa María de Noia e á praza de Compostela, na que Quintana dos Mortos oponse a Quintana dos Vivos, o camposanto e o mercado, a vida e a morte, separadas tan só por unha escalinata.