pub
LVDG_PUBLICIDAD_p01:megabanner
LVDG_PUBLICIDAD:12:edi.barbanza
Actualizado La Voz, página de inicio
Ir a la Portada
Elige:

Primeiro libro da Orola

Un volume recompila os relatos gañadores das tres primeiras edicións do certame literario de Abelleira

Autor:
M. X. Blanco
Fecha de publicación:

A asociación cultural Ponte Vella de Abelleira xa fixo a súa primeira publicación literaria. Nela, preséntanse as obras que concorreron aos tres certames de relatos curtos A Orola, convocados ata o de agora por esta entidade. O acto de presentación do novo libro serviu tamén para facer entrega do premio acadado este ano por Rocío Leira, pola súa obra O alpendre dos meus soños .

A presidenta da asociación, Nuria Romero, dixo na súa intervención que a entidade se propuxera publicar todos os relatos presentados ao concurso, co ánimo de espallar o seu labor como entidade, e para darlle un motivo de satisfacción aos autores que teñen participado neste certame.

Tamén, o secretario do xurado do concurso deste ano, Antonio Priegue, significou que pretenden que a todos os fogares da parroquia chegue o volume publicado, e que farán o posible para que as bibliotecas e os centros escolares do municipio dispoñan deste volume, que ademais de ser unha boa mostra do bo facer literario de novos escritores, ofrécella e estes a posibilidade de que as súas composicións vexan a luz.

Afán de colaboración

A responsable da comisión de Cultura de Deputación coruñesa, e á vez presidenta do xurado do certame, Caridad González, comprometeuse a que o ente provincial colabore nos vindeiros anos na potenciación deste certame, animou aos mozos da bisbarra a afondar na produción literaria, felicitou á entidade veciñal por esta iniciativa e animouna a seguir potenciando a cultura galega.

O acto de presentación do libro serviu tamén para dar a posibilidade a un mozo muradán, Samuel Lema, de dar a coñecer unha escolma da súa ampla e variada produción poética. O autor lírico leu uns cantos poemas seus, moi apegados á comarca muradá na súa temática, ben articulados tecnicamente e reflectindo sentimentos, costumismo e maneiras de pensar dos mozos da bisbarra.

O público presente amosou a súa sintonía co mozo, festexou as súas ocorrencias líricas tan apegadas á xente e animouno cos seus aplausos a seguir producindo poemas desta natureza.

O acto de presentación do volume rematou cunha merenda que se converteu nun encontro lúdico-cultural entre creadores literarios e veciños de Abelleira.

 

ENVIAR NOTICIA  

Primeiro libro da Orola

Un volume recompila os relatos gañadores das tres primeiras edicións do certame literario de Abelleira

* Campos obligatorios
Enviar a:
Tus datos:
 

ENVIAR NOTICIA  

Su envío se ha realizado correctamente

En breve los contactos recibirán en su correo electrónico un enlace a la noticia

Gracias por usar nuestros servicios

Cerrar

 

ENVIAR NOTICIA  

Se ha producido un error
No se ha podido realizar el envío

Revise sus datos y vuelva a intentarlo

Si se vuelve a producir un error, es posible que el servicio está momentáneamente no disponible. Inténtelo más tarde.

Disculpe las molestias. Gracias por usar nuestros servicios

Cerrar

LVDG_GOOGLE_ADSENSE:
Primeiro libro da Orola
Samuel Lema leu varios dos seus poemas no acto de presentación da obra literaria
Autor de la imagen: | SANDE
 
LVDG_PUBLICIDAD:robapaginas:edi.barbanza
Cargando
LVDG_PUBLICIDAD:17:edi.barbanza
Cargando
Cargando
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08A
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08B
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08C
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08D
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08E
LVDG_PUBLICIDAD:10:edi.barbanza
Confianza oline. Enlace a más información sobre el certificado © Copyright LA VOZ DE GALICIA S.A.
Polígono de Sabón, Arteixo, A CORUÑA (España)

Inscrita en el Registro Mercantil de A Coruña en el Tomo 2438 del Archivo, Sección General, a los folios 91 y siguientes, hoja C-2141. CIF: A-15000649.