pub
LVDG_PUBLICIDAD_p01:megabanner
LVDG_PUBLICIDAD:12:edi.barbanza
Actualizado La Voz, página de inicio
Ir a la Portada
Elige:

Muros apadriña un proxecto que permitirá recuperar barcos antigos

A iniciativa pretende poñer en valor o patrimonio náutico e contribuír ao desenvolvemento económico de Galicia

Autor:
J.?M. Sande
Fecha de publicación:

Os donos de barcos antigos terán a posibilidade de reformar aquelas naves que se atopen deterioradas ou en mal estado. O presidente da Deputación provincial, Salvador Fernández Moreda, presentou onte en Muros o proxecto de recuperación de embarcacións tradicionais, denominado Dorna. Nesta iniciativa participan diversos colectivos de Portugal, Francia, Reino Unido e España, e conta cun presuposto de preto de dous millóns de euros.

O presidente provincial fixo a presentación desta iniciativa a bordo do Hidria , un barco que está atracado no porto muradá con motivo da celebración do Encontro de Embarcacións Tradicionais. No acto estivo acompañado polo rexedor local, Domingos Dosil, e polo responsable da Federación Galega pola Cultura Marítima e Fluvial, Víctor Fernández. A continuación, fixeron un percorrido polas instalacións portuarias e comprobaron o desenvolvemento das actividades da mañá.

Fernández Moreda dixo na súa intervención que o mar é unha enorme fonte de riqueza medioambiental e cultural, e que ten o seu reflexo no desenvolvemento económico, na industria, na lingua, na arquitectura popular e tamén na forma de ser dos galegos. «As actividades marítimas achegan unha notable contribución á promoción turística do país», segundo dixo o responsable da institución supramunicipal.

As autoridades tamén percorreron o casco histórico, onde puideron apreciar as reproducións de secado de peixe que instalaron os veciños, e en especial as de congro e sardiña. Tamén comprobaron a habilidade dos muradáns á hora de reparar e montar as redes.

O proxecto Dorna para a recuperación de embarcacións tradicionais da costa atlántica europea está coordinado pola Deputación coruñesa. A iniciativa permitirá identificar e poñer en valor o patrimonio náutico así como contribuír ao desenvolvemento das economías da costa atlántica, reactivando o sector naval da construción de embarcacións tradicionais e, ao mesmo tempo, promocionando o turismo.

Xornada de praia

Na xornada de onte seguiron con éxito as actividades nos obradoiros de cerámica, cestería, sancosmeiros, encaixe, ou o embarque nos faluchos, con moita animación durante a mañá. Á primeira hora da tarde descendeu o número de visitantes, pois moitos optaron por gozar dunha xornada de praia. Iso si, pola noitiña, a vila volveu a encherse de xente.

A saída das embarcacións ao mar para participar nas regatas viuse dificultada pola falla de vento, aínda que pola tarde decenas de barcos puideron verse navegando pola ría.

Os organizadores estaban máis que satisfeitos pola gran cantidade de público que está acudindo ás xornadas. Tamén destacaron a colaboración que están prestando os tripulantes das embarcacións participantes, que ofrecen todo tipo de información aos visitantes e curiosos que se interesan polas naves atracadas no porto.

Os barcos que máis chaman a atención do público son, entre outros, o noiés Joaquín Vieta , que acaba de ser restaurado, e o Hidria , un dos máis grandes dos que participan nesta singradura. Nestes días tamén están sendo moi concorridos os concertos que se celebran na praza do Curro e no que participan diversas agrupacións musicais.

 

ENVIAR NOTICIA  

Muros apadriña un proxecto que permitirá recuperar barcos antigos

* Campos obligatorios
Enviar a:
Tus datos:
 

ENVIAR NOTICIA  

Su envío se ha realizado correctamente

En breve los contactos recibirán en su correo electrónico un enlace a la noticia

Gracias por usar nuestros servicios

Cerrar

 

ENVIAR NOTICIA  

Se ha producido un error
No se ha podido realizar el envío

Revise sus datos y vuelva a intentarlo

Si se vuelve a producir un error, es posible que el servicio está momentáneamente no disponible. Inténtelo más tarde.

Disculpe las molestias. Gracias por usar nuestros servicios

Cerrar

LVDG_GOOGLE_ADSENSE:
Moitos nenos decantáronse por participar nos obradoiros de modelado de barro
Autor de la imagen: | ALBA RUBÍN
Moitos nenos decantáronse por participar nos obradoiros de modelado de barro
Autor de la imagen: | ALBA RUBÍN
 
LVDG_PUBLICIDAD:robapaginas:edi.barbanza
Cargando
LVDG_PUBLICIDAD:17:edi.barbanza
Cargando
Cargando
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08A
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08B
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08C
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08D
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08E
LVDG_PUBLICIDAD:10:edi.barbanza
Confianza oline. Enlace a más información sobre el certificado © Copyright LA VOZ DE GALICIA S.A.
Polígono de Sabón, Arteixo, A CORUÑA (España)

Inscrita en el Registro Mercantil de A Coruña en el Tomo 2438 del Archivo, Sección General, a los folios 91 y siguientes, hoja C-2141. CIF: A-15000649.