pub
LVDG_PUBLICIDAD_p01:megabanner
LVDG_PUBLICIDAD:12:edi.barbanza
Actualizado La Voz, página de inicio
Ir a la Portada
Elige:

O pobo de Abelleira festexou a botadura da buceta «A Ostreira»

A nave artesá foi feita para participar no Encontro de Embarcacións Tradicionais

Autor:
J.?M. Sande
Fecha de publicación:

O pobo de Abelleira vestiuse de festa onte para celebrar a botadura da buceta A Ostreira, unha nave construída para participar no noveno Encontro de Embarcacións Tradicionais, que terá lugar na vila de Muros a próxima fin de semana. Previamente, e tamén como limiar da citada xuntanza de barcos antigos, na localidade carnotana de Lira celebrouse un espectáculo poético musical, no que interveu o trío Ouriol, recitando poemas de Manuel Antonio.

A Asociación de Veciños A Ostreira de Abelleira decidiu participar no encontro de embarcacións tradicionais aportando o seu propio barco. Foi a a propia entidade veciñal quen lle encargou a Manuel Brea a construción dunha buceta, que foi feita coa axuda dos veciños nun galpón da parroquia. O bote, que conta con 5,10 metros de eslora, 1,76 de manga e 0,63 metros de puntal, dispón de remos e tamén dunha vela axeitada ao navío.

Ata Sorribos

Na xornada de onte levouse a buceta ata o peirao de Sorribos, e despois de xantar realizouse a súa botadura ao mar. Nese intre, o himno galego comezou a soar e un estrondo de lumes de artificio encheu o ceo da vila de cores e de son. Boa parte dos veciños acudiron a este acto, e a maioría dos habitantes ían ataviados con vestimentas típicas mariñeiras.

Pero A Ostreira non foi a única nave tradicional que durante a xornada de onte navegou polas augas muradáns, posto que a ela sumáronse outras embarcacións que xa chegaron á vila de Muros para asistir a novena edición do encontro de barcos tradicionais. Estes navíos, coa súa tripulación a bordo, desprazáronse ata Sorribos para estar presentes na primeira toma de contacto coa auga da réplica dun bote da ría de Muros que se dedicaba á pesca artesanal. Ademais, a botadura de A Ostreira fíxose coincidir coas festas do Carme de Abelleira, que vivirán hoxe o seu día grande.

Tanto os directivos da asociación veciñal, como o presidente da Federación Galega pola Cultura Marítima e Fluvial, así como o alcalde de Muros, Domingos Dosil, e a concelleira de Cultura muradana, Laura Eiras, que exerceu de madriña da embarcación, destacaron o labor feita polo pobo de Abelleira. Todos indicaron que este traballo ten como finalizade perpetuar a cultura mariñeira.

Espectáculo poético-musical

Ademais, onte tivo lugar en Portocubelo un recital poético musicado polo trío Ouriol, que está integrado por Eva Veiga, Bernardo Martínez e Fito Ares. As intervencións literarias deste grupo tiveron coma referencia a obra poética de Manuel Antonio, contida no seu único libro publicado, que leva por título De catro a catro.

O acto estivo presentado polo escritor Chisco Fernández Naval, quen subliñou da obra de Manuel Antonio: «Moitos dos seus poemas son o rumbo perfecto para estas xornadas de encontro de barcos tradicionais», dixo lembrando ao poeta.

Tamén Eva Veiga, antes de que dera comezo a súa actuación, se referiu á paisaxe carnotana da seguinte maneira: «Tedes unha paraxe única, gozade dela e permitídenos aos de fóra compartir esa satisfacción».

 

ENVIAR NOTICIA  

O pobo de Abelleira festexou a botadura da buceta «A Ostreira»

* Campos obligatorios
Enviar a:
Tus datos:
 

ENVIAR NOTICIA  

Su envío se ha realizado correctamente

En breve los contactos recibirán en su correo electrónico un enlace a la noticia

Gracias por usar nuestros servicios

Cerrar

 

ENVIAR NOTICIA  

Se ha producido un error
No se ha podido realizar el envío

Revise sus datos y vuelva a intentarlo

Si se vuelve a producir un error, es posible que el servicio está momentáneamente no disponible. Inténtelo más tarde.

Disculpe las molestias. Gracias por usar nuestros servicios

Cerrar

LVDG_GOOGLE_ADSENSE:
O pobo de Abelleira festexou a botadura da buceta «A Ostreira»
Os veciños vestíronse á antiga usanza mariñeira para asistir ao acto
Autor de la imagen: | SANDE
 
LVDG_PUBLICIDAD:robapaginas:edi.barbanza
Cargando
LVDG_PUBLICIDAD:17:edi.barbanza
Cargando
Cargando
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08A
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08B
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08C
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08D
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08E
LVDG_PUBLICIDAD:10:edi.barbanza
Confianza oline. Enlace a más información sobre el certificado © Copyright LA VOZ DE GALICIA S.A.
Polígono de Sabón, Arteixo, A CORUÑA (España)

Inscrita en el Registro Mercantil de A Coruña en el Tomo 2438 del Archivo, Sección General, a los folios 91 y siguientes, hoja C-2141. CIF: A-15000649.