Á inauguración asistiu a directora xeral de Desenvolvemento Pesqueiro
De limiar do noveno encontro de embarcacións tradicionais de Galicia, que este ano se celebrará na vila de Muros, catalogou o presidente desta actividade, Manuel García Sendón, o acto da inauguración de tres exposicións ligadas coa cultura e a tradición mariñeira, A illa de Ons , As embarcacións tradicionais dende Lorbé ata Ribadeo , e o Patrimonio marítimo de Carnota e Muros . O acto inaugural tivo lugar onte nas escolas municipais de San Xosé, e a el acudiron representantes de varios colectivos.
O presidente da Federación Galega pola Cultura Marítima e fluvial, Víctor Fernández, salientou a transcendencia da divulgación do patrimonio marítimo e a repercusión que terá para os pobos que saiban potenciar os seus recursos culturais vencellados co mar no despegue socioeconómico dos mesmos. «En momentos de crise da pesca coma os de agora debemos potenciar a promoción do noso patrimonio para, por medio do turismo, quitarlle beneficios á esencia herdada dos nosos maiores», dixo.
A deputada provincial, Caridad González, despois de agradecer aos organizadores do encontro de embarcacións tradicionais a elección da vila de Muros, salientou: «Temos que conseguir que estas xornadas sexan unha grande festa para os muradáns, e un escaparate das nosas posibilidades de cara ós visitantes».
Conservación
Para o rexedor local, Domingos Dosil o municipio ten uns valores que deben preservarse: «Muros conserva aínda o valor patrimonial marítimo do pasado, e debemos lembrar a quen fixo posible a súa existencia e tamén a conservación do mesmo. Entre todos debemos defender o que herdamos e do que tan orgullosos nos sentimos».
O acto inaugural deste primeiro acto do encontro de embarcacións foi pechado pola directora xeral de Desenvolvemento Pesqueiro, Susana Rodríguez, quen se aludiu a cada unha das mostras que se presentan ao público perante estes encontros. A representante da Consellería de Pesca tamén dixo: «Os recursos culturais autóctonos axudan a valorar a un pobo e ás súas xentes, e tedes que saber que dende a Xunta de Galicia estamos con Muros».
En breve los contactos recibirán en su correo electrónico un enlace a la noticia
Gracias por usar nuestros servicios
Revise sus datos y vuelva a intentarlo
Si se vuelve a producir un error, es posible que el servicio está momentáneamente no disponible. Inténtelo más tarde.
Disculpe las molestias. Gracias por usar nuestros servicios