A educación e o traballo a pé de rúa son os ámbitos nos que, en opinión de Callón, máis se pode incidir no fomento do galego.
-Hai uns días estivo nun instituto de Ribeira impartindo unha charla, ¿que mensaxe quere transmitir?
-Trátase máis de ben de convidar aos rapaces a reflexionar, que non dean por boa a situación lingüística existente, senón que a analicen, que pensen nela, e que despois tomen unha decisión sobre a súa postura con respecto á lingua.
-Vostede fíxose esa reflexión moi novo e dende aquela está vinculado á Mesa pola Normalización.
-A Mesa é un proxecto interesante ao que estarei vinculado dun ou doutro xeito mentres exista, ata que xa non sexa preciso promover a normalización da lingua galega. Cando se produza o relevo na presidencia seguirei facendo traballo de base coma antes, o labor a pé de rúa é fundamental. É preciso mobilizar á xente, concienciala de que, se nós non utilizamos o galego, ninguén o vai facer por nós. Está nas nosas mans que non desapareza.
-¿Quere dicir iso que vai deixar a presidencia?
-Non podo dicir cando, pero haberá un relevo dentro de pouco. Non será inmediato, pero non continuarei como presidente máis de tres anos.
En breve los contactos recibirán en su correo electrónico un enlace a la noticia
Gracias por usar nuestros servicios
Revise sus datos y vuelva a intentarlo
Si se vuelve a producir un error, es posible que el servicio está momentáneamente no disponible. Inténtelo más tarde.
Disculpe las molestias. Gracias por usar nuestros servicios