pub
LVDG_PUBLICIDAD_p01:megabanner
LVDG_PUBLICIDAD:12:edi.barbanza
Actualizado La Voz, página de inicio
Ir a la Portada
Elige:

Entrevista | Dominga Brión Sanmiguel Candidata do bloque pola Coruña «O BNG fai políticas para a xente»

Na recta final da campaña afirma que a xente recoñece o traballo feito estes anos

Autor:
A. Gerpe
Fecha de publicación:

Concorre por terceira vez como candidata nas listas do seu partido pola provincia de A Coruña. Nesta ocasión, a ribeirense Dominga Brión vai no posto número oito: «É toda unha honra, o respaldo a un traballo feito no que tamén están todos os compañeiros».

-¿Nota receptividade por parte da xente?

-Si porque aínda que a miopía do PP impídello ver, fíxose un traballo importante. Hai un gran labor que a xente foi vendo en todos os concellos. Na comarca hai 300 persoas que cobran a axuda da dependencia e o número vaise multiplicar en maio; apoiouse ao sector turístico e ao comercio de proximidade, e creouse chan industrial, entre outras moitas cousas. O BNG fai políticas para a xente e non importa a cor de quen goberne nese concello.

-¿Os polígonos garanten a creación de emprego?

-O primeiro que hai que ter para que unha empresa se poña en marcha é chan. Ás veces é difícil que se poida instalar unha compañía, e aí está a nosa aposta polas naves modulares con opción de compra. Se se crean as condicións ten que xerar emprego. Nós sempre apostamos polos sectores produtivos e houbo fortes investimentos en I+D+i que permiten consolidar e ampliar os postos de traballo. A Administración debe realizar as políticas necesarias en favor dos sectores produtivos para crear emprego e riqueza.

-¿A vindeira lexislatura será a do saneamento integral?

-Ten que ser unha prioridade. O caso que se dá en Ribeira ten que resolverse, non pode ser que unha ría como a de Arousa, ou calquera outra, reciba verteduras directas. Aquí temos o mellor peixe e marisco do mundo.

-¿Cal sería a primeira actuación que proporía para a comarca se gobernan?

-Concluír o empezado: rematar os polígonos, acadar o saneamento integral e ampliar os servizos sociais. Esas serían prioritarias, pero hai máis cousas: ampliar as especialidades do hospital ou establecer os ciclos formativos de acuicultura, hostalería e turismo. Ademais, agardo que Ribeira non perda a oportunidade de ter vivenda protexida, sempre co consenso dos propietarios dos terreos e do Concello.

-¿Que balance fai destes catro anos?

-Positivo. Os servizos sociais na comarca deixaban moito que desexar pola falta de centros, en Ribeira levábamos 20 anos sen poñer en marcha nin un só metro de chan industrial. O PP non fixo gran cousa en 16 anos de goberno e non actuou no fundamental: crear emprego e apoiar aos sectores produtivos. En tres anos e medio non se pode cambiar todo un réxime, pero o BNG fixo un labor moi importante, como poñer en marcha o sistema galego de benestar. Despois de Cataluña e Andalucía, Galicia é a comunidade onde a lei de dependencia está máis desenvolvida.

-Atrévase cunha quiniela.

-O BNG vai subir e vai gobernar.

 

ENVIAR NOTICIA  

Entrevista | Dominga Brión Sanmiguel «O BNG fai políticas para a xente»

Na recta final da campaña afirma que a xente recoñece o traballo feito estes anos

* Campos obligatorios
Enviar a:
Tus datos:
 

ENVIAR NOTICIA  

Su envío se ha realizado correctamente

En breve los contactos recibirán en su correo electrónico un enlace a la noticia

Gracias por usar nuestros servicios

Cerrar

 

ENVIAR NOTICIA  

Se ha producido un error
No se ha podido realizar el envío

Revise sus datos y vuelva a intentarlo

Si se vuelve a producir un error, es posible que el servicio está momentáneamente no disponible. Inténtelo más tarde.

Disculpe las molestias. Gracias por usar nuestros servicios

Cerrar

LVDG_GOOGLE_ADSENSE:
«O BNG fai políticas para a xente»
Brión agarda que en Ribeira se faga o plan de vivenda protexida
Autor de la imagen: | S. BALVÍS
 
LVDG_PUBLICIDAD:robapaginas:edi.barbanza
Cargando
Cargando
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08A
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08B
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08C
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08D
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08E
LVDG_PUBLICIDAD:10:edi.barbanza
Confianza oline. Enlace a más información sobre el certificado © Copyright LA VOZ DE GALICIA S.A.
Polígono de Sabón, Arteixo, A CORUÑA (España)

R.M. de A Coruña: tomo 2438 del Archivo, Sección General, folio 114 vto., hoja C-2141. CIF: A-15000649.