«En Neixón o equipo arqueolóxico interactúa coa xente da parroquia»

Rosa A. Gallardo

BARBANZA

09 nov 2008 . Actualizado a las 02:00 h.

Despois de formar parte do equipo que traballou en Neixón, o arqueólogo Manuel Antonio Franco está a rexistrar petróglifos en Muros.

-¿Como comezou nisto? -Estudei Historia e doutoreime en Prehistoria e Arqueoloxía, pero cando vin que isto era o meu foi despois de traballar nas escavacións de Neixón, en Boiro. -E logo diso, comezou a facer escavacións por varias estacións rupestres galegas, ¿como foi iso? -Si, estiven traballando para Arqueoloxía do Noroeste e con eles movinme bastante, lembro que en Pontevedra atopamos un peirao, foi na ponte do Burgo. -E de Galicia a Panamá, ¿como foi aquela experiencia? -Xurde a oportunidade no departamento de historia da facultade de facer unha escavación en Panamá, e alí estiven tres meses, en El Caño, un xacemento na provincia de Penonomé, é unha zona cerimonial, con enterramentos. Atopamos cousas incribles. -Pero de Neixón, onde comezou todo, garda un grato recordo, ¿non? -É un sitio moi especial para min. En Neixón o equipo arqueolóxico interactúa coa xente da parroquia, que colabora moito. -¿Que fai na actualidade? -Andamos rexistrando petróglifos en Muros. Tamén trazamos rotas que permitan unir as diferentes estacións perdidas polo monte.