pub
LVDG_PUBLICIDAD_p01:megabanner
LVDG_PUBLICIDAD:12:edi.barbanza
portada de La Voz de Galicia

Buscador de contenidos

Elige:

de tal pau, tal acha | secundino e andré fandiño Dúas vidas unidas polo deporte

O fillo do propietario do ximnasio ribeirense Sandá decidiu seguir os pasos do seu pai e está estudando INEF na Universidade da Coruña

Localidad:
ribeira |
Fecha de publicación:

A vida de Secundino Fandiño sempre estivo ligada ao deporte. Dende neno destacou nas moitas actividades que practicaba: atletismo, tenis, salto e vela. Cando tiña 22 anos comezou a interesarse polo kung-fu e compaxinaba a súa xornada laboral nunha imprenta coa aprendizaxe desta arte marcial. Ao pouco tempo decidiu deixar o traballo e montar o seu propio negocio. Así, no 1991 inaugurou Sandá, un ximnasio ao que Secundino achega toda a súa enerxía cada día. Imparte clases de aeróbic, step , wushu e taichí entre outras especialidades.

Aquí foi onde André, o seu fillo, comezou a formarse no mundo do deporte. Con tan só catro anos xa practicaba unha variante do wushu e, co tempo, sempre animado polo seu pai, foise enganchando ás artes marciais.

«En vez de llevarlo a una guardería, lo traía conmigo al gimnasio. Era la manera de tenerlo controlado aquí para que no anduviese por la calle», di Secundino sorrindo.

Así, o neno foi medrando e fíxose todo un deportista. Ten participado en numerosos torneos, quedando sempre entre os primeiros clasificados. A parede do recibidor do ximnasio familiar está ateigada de medallas e trofeos.

Ocio compartido

Pai e fillo manteñen unha relación de confianza e compañeirismo. A súa paixón polo deporte fixo que sempre compartiran o seu tempo libre para gozar da natureza practicando distintas actividades: «Siempre que podemos entrenamos juntos y también salimos a navegar». Secundino parece botar de menos a época na que André vivía en Ribeira e podían pasar máis momentos xuntos: «Desde que está en la Universidad, combinar nuestros horarios resulta muy difícil. Antes solíamos ir al Monte da Cidade o a la playa y hacíamos wushu al aire libre».

Actualmente, André estuda INEF na Universidade da Coruña. A dous anos de licenciarse, aínda non ten claro a que vai dedicar o seu futuro: «Tengo muchas salidas. Desde dedicarme a la educación hasta venir a trabajar aquí al gimnasio. No lo tengo claro». Non dubida en asegurar que non pensa dedicarse profesionalmente á competición deportiva. «Cuando acabe la carrera tendrá 23 años y a esa edad no es que estés mal para competir pero la gente empieza cada vez más joven. Los chavales de 17 años vienen arrasando», explica o seu pai. Secundino coñece moi ben este mundo, xa que ademais de levar o ximnasio é árbitro en competicións de diversas disciplinas deportivas.

Os dous practican wushu , un arte marcial de carácter estético e acrobático que aínda non está moi arraigado en España: «Iba a ser olímpico pero al final por ahora sigue sin serlo. Será deporte de exhibición, así que también estará bien». O pequeno dos Fandiño non descarta dedicarse a impartir clases desta disciplina cando remate a carreira: «Podría especializarme y estudiar algo más sobre el tema para después dar clase de wushu».

André semella ter herdado do seu pai a facilidade para o ensino deportivo: «El deporte en general se me da bien y cuando a alguno de mis compañeros no le sale algo, yo intento enseñarle y aconsejarle. Ver que sirvo de ayuda es una gran satisfacción personal para mí».

 

ENVIAR NOTICIA  

de tal pau, tal acha | secundino e andré fandiño Dúas vidas unidas polo deporte

O fillo do propietario do ximnasio ribeirense Sandá decidiu seguir os pasos do seu pai e está estudando INEF na Universidade da Coruña

* Campos obligatorios
Enviar a:
Tus datos:
 

ENVIAR NOTICIA  

Su envío se ha realizado correctamente

En breve los contactos recibirán en su correo electrónico un enlace a la noticia

Gracias por usar nuestros servicios

Cerrar

 

ENVIAR NOTICIA  

Se ha producido un error
No se ha podido realizar el envío

Revise sus datos y vuelva a intentarlo

Si se vuelve a producir un error, es posible que el servicio está momentáneamente no disponible. Inténtelo más tarde.

Disculpe las molestias. Gracias por usar nuestros servicios

Cerrar

LVDG_PUBLICIDAD_MIVA:
Dúas vidas unidas polo deporte
Os Fandiño son uns apaixonados de diversas disciplinas de artes marciais
Autor de la imagen: | PATRICIA GAGO

Relacionados de la noticia

 
LVDG_PUBLICIDAD:robapaginas:edi.barbanza
Cargando
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08A
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08B
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08C
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08D
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08E
LVDG_PUBLICIDAD:10:edi.barbanza
Confianza oline. Enlace a más información sobre el certificado © Copyright LA VOZ DE GALICIA S.A.
Polígono de Sabón, Arteixo, A CORUÑA (España)

R.M. de A Coruña: tomo 2438 del Archivo, Sección General, folio 114 vto., hoja C-2141. CIF: A-15000649.
ojd