pub
LVDG_PUBLICIDAD_p01:megabanner
LVDG_PUBLICIDAD:12:edi.barbanza
portada de La Voz de Galicia

Buscador de contenidos

Elige:

Carredano e Agra avivan a chama da literatura noiesa

Publicaron os relatos «Veleno tinto» e «Cazaría salvaxe», editados por Xerais

Autor:
Moncho Ares
Fecha de publicación:

Carlos Mosteiro foi elocuente ao dicir que non é raro ser escritor sendo de Noia, de Xinzo, de Rianxo... poboacións vinculadas á literatura galega... e abondou no factor noiés ao preguntarse, tanto el como Manuel Bragado, director de Xerais, que terá Noia para que a creación cultural agromara na historia e no presente, xa que logo, tanto Ramón Carredano como Agustín Agra facían tándem o venres para presentar dúas obras dun golpe: Veleno tinto e Cazaría salvaxe , respectivamente; e foran estes mesmos autores os que recolleran senllos premios Merlín no 2005 e 2006.

A cita de Barbantia, que o venres daba por pechada a tempada de publicacións do suplemento cultural que cada fin de mes se publica nas páxinas de La Voz de Barbanza, ata o vindeiro setembro, tivo un dobre valor. Por un lado, dar a coñecer o feliz nacemento de dúas obras máis con acento noiés, cuxos autores xa anunciaron que tiñan polo menos outras tantas preparadas para publicar proximamente; e polo outro, que Noia segue a demostrar que a súa relación coa cultura non é un simple coqueteo, senón un compromiso, pois no salón de actos do Liceo déronse cita sobre un cento de persoas, pese a que a tarde invitaba a ser ocupada con actividades máis de corte estival.

Carlos Mosteiro, en representación de Barbantia, fixo a presentación na que deixou ben claro a súa admiración polos dous escritores, aos que considera amigos pese a coñecelos hai pouco, e ata chegou a confesar que sentía envexa polas obras que estaban a presentar, das que dixo que son deses libros que a un lle gustaría escribir.

Estilos distintos

Bragado explicou a estreita relación entre Xerais e Ramón Carredano e Agustín Agra, aos que concedeu senllos premios Merlín consecutivos e cos que segue a contar, como se demostra coas dúas publicacións e unha vindeira, de Agra, que semella que vai ver a luz pronto. Dos estilos de ambos apuntou que son totalmente distintos, si Carredano aposta polo relato histórico, Agra faino polo fantástico e de terror, pero ningún deles deixa indiferente aos lectores.

Entre os catro membros da mesa xurdiu un debate no que os autores sinalaron que a súa incursión na literatura foi froito da casualidade, pero tanto Agra como Carredano coincidiron ao apuntar a influenza que tiveron as revistas A casa da gramática e Alameda á hora de iniciarse na escrita, pois os seus primeiros artigos viron a luz nas publicacións do Virxe do Mar e do Liceo de Noia, respectivamente.

Os creadores noieses, aínda que as súas últimas publicacións estiveron encasilladas nos estilos antes sinalados, aseguraron que esa circunstancia non quería dicir que as súas obras futuras vaian seguir polo mesmo camiño, e deixaron a porta aberta a outras aventuras literarias.

Mentres Agra confesaba que na súa obra hai cousas da súa personalidade, Carredano sinalaba que tiña pouco del e que o que busca é espertar o interese dos noieses pola súa historia.

 

ENVIAR NOTICIA  

Carredano e Agra avivan a chama da literatura noiesa

Publicaron os relatos «Veleno tinto» e «Cazaría salvaxe», editados por Xerais

* Campos obligatorios
Enviar a:
Tus datos:
 

ENVIAR NOTICIA  

Su envío se ha realizado correctamente

En breve los contactos recibirán en su correo electrónico un enlace a la noticia

Gracias por usar nuestros servicios

Cerrar

 

ENVIAR NOTICIA  

Se ha producido un error
No se ha podido realizar el envío

Revise sus datos y vuelva a intentarlo

Si se vuelve a producir un error, es posible que el servicio está momentáneamente no disponible. Inténtelo más tarde.

Disculpe las molestias. Gracias por usar nuestros servicios

Cerrar

LVDG_PUBLICIDAD_MIVA:
Carredano e Agra avivan a chama da literatura noiesa
Mosteiro, Agra, Carredano e Bragado, na presentación dos libros
Autor de la imagen: | P.?GAGO
 
LVDG_PUBLICIDAD:robapaginas:edi.barbanza
Cargando
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08A
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08B
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08C
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08D
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08E
LVDG_PUBLICIDAD:10:edi.barbanza
Confianza oline. Enlace a más información sobre el certificado © Copyright LA VOZ DE GALICIA S.A.
Polígono de Sabón, Arteixo, A CORUÑA (España)

R.M. de A Coruña: tomo 2438 del Archivo, Sección General, folio 114 vto., hoja C-2141. CIF: A-15000649.
ojd