pub
LVDG_PUBLICIDAD_p01:megabanner
LVDG_PUBLICIDAD:12:edi.barbanza
portada de La Voz de Galicia

Buscador de contenidos

Elige:

Coa mirada posta no ceo

A través de oito telescopios, un grupo de boirenses contemplaron astros, planetas e constelacións

Autor:
M. X. Blanco
Fecha de publicación:

Máis de dúas horas durou a xornada astronómica que se desenvolveu a noite do pasado sábado na praza de Galicia de Boiro. Da súa organización encargáronse os integrantes da asociación Cielobarbanza, que instalaron oito telescopios para que os veciños tiveran a posibilidade de ver con detalle a composición de diversos astros, planetas e constelacións.

A experiencia foi cualificada de éxito total por parte do presidente do colectivo organizador, Johnny Macinich Lojo: «Pola tarde, cando empezamos a montar os telescopios, pensabamos que se ía amolar, xa que empezaron a entrar varias nubes altas, pero pouco a pouco foi despexando e a noite quedou clara».

Tal foi a boa acollida que tivo a iniciativa que dende o seu comezo, aproximadamente ás once da noite, ata pasada a unha da madrugada, os asistentes tiveron que facer cola para poder utilizar os telescopios e prismáticos facilitados para a ocasión por Cielobarbanza.

Na praza do concello déronse cita boirenses de todas as idades, entre eles un bo número de nenos, que amosaron o seu interese pola astronomía realizando diversas preguntas. «Moitos interesábanse pola lúa ou pola composición dos aneis de Saturno», comentou Johnny Macinich.

Máis interese

Unha das formacións que máis impresión causou entre os asistentes foi a osa maior: «É unha constelación que está moi marcada e o intenso brillo dos seus compoñentes fai que sempre sexa unha das que espertan moito interese», sinalou o presidente de Cielobarbanza.

Os afeccionados á astronomía tamén tiveron a oportunidade de gozar coas vistas de Saturno e da lúa, así como de constelacións como a do cisne, a de lira, a da águia, a de leo, a de cáncer e a osa menor, na que brilla con especial intensidade a estrela polar.

A do sábado era a primeira experiencia deste tipo que se levaba a cabo no municipio de Boiro, pero os responsables de Cielobarbanza xa están a traballar para organizar actividades similares noutros puntos da comarca. Teñen previsto desenvolver xornadas astronómicas en Ribeira e en Rianxo. Para esta última vila están a preparar unha observación solar durante o día e outra das estrelas para a noite. Pretenden completalas cunha conferencia.

 

ENVIAR NOTICIA  

Coa mirada posta no ceo

A través de oito telescopios, un grupo de boirenses contemplaron astros, planetas e constelacións

* Campos obligatorios
Enviar a:
Tus datos:
 

ENVIAR NOTICIA  

Su envío se ha realizado correctamente

En breve los contactos recibirán en su correo electrónico un enlace a la noticia

Gracias por usar nuestros servicios

Cerrar

 

ENVIAR NOTICIA  

Se ha producido un error
No se ha podido realizar el envío

Revise sus datos y vuelva a intentarlo

Si se vuelve a producir un error, es posible que el servicio está momentáneamente no disponible. Inténtelo más tarde.

Disculpe las molestias. Gracias por usar nuestros servicios

Cerrar

LVDG_PUBLICIDAD_MIVA:
Coa mirada posta no ceo
Veciños de todas as idades sumáronse á xornada astronómica promovida por Cielobarbanza
Autor de la imagen: | GESTOSO
 
LVDG_PUBLICIDAD:robapaginas:edi.barbanza
Cargando
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08A
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08B
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08C
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08D
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08E
LVDG_PUBLICIDAD:10:edi.barbanza
Confianza oline. Enlace a más información sobre el certificado © Copyright LA VOZ DE GALICIA S.A.
Polígono de Sabón, Arteixo, A CORUÑA (España)

R.M. de A Coruña: tomo 2438 del Archivo, Sección General, folio 114 vto., hoja C-2141. CIF: A-15000649.
ojd