«Para min 'Mareas vivas' foi como vivir un soño que nunca esquecerei»

Rosa M. Gallardo

BARBANZA

25 may 2008 . Actualizado a las 02:00 h.

Comezou na televisión colaborando coa exitosa serie Mareas vivas e fai tan só un par de meses, María Louro rematou a gravación de Val de Rey . Asegura estar encantada co seu traballo, polo que segue un proceso de formación continuo.

-¿Canto tempo leva traballando como actriz?

-Levo xa 10 anos traballando e formándome case so mesmo tempo. -¿É duro vivir disto? -Si e non, cando tes traballo é unha marabilla, pero vai por temporadas, así que cando non estou gravando dedícome á miña formación, estiven estudando en Casa Hamlet e en Espacio Aberto, tamén facendo cursos esporádicos e pequenos talleres de teatro, Encántame o meu traballo, pero hai que ter os pés no chan e loitar. -Tamén fixo algo de cine, ¿non? -Estiven no Lapis do carpinteiro , que tivo moitísimo éxito, e en Hotel Danubio, dun director madrileño. -¿Que prefire, o cine, o teatro ou a televisión? -O cine encántame, e no teatro están as orixes da interpretación, pero a tele é moi fresca e dinámica. Síntome unha actriz de televisión. -¿Quen é o seu actor favorito? -Luís Tosar. -¿Ten algunha anécdota curiosa que recorde especialmente? -Era moi nova e para min Mareas vivas foi como vivir un soño que nunca esquecerei.