pub
LVDG_PUBLICIDAD:12:edi.barbanza
portada de La Voz de Galicia

Buscador de contenidos

Elige:

Tres días de acampada libre coa posibilidade de asistir a unha clase de astronomía

Fecha de publicación:

Como en edicións anteriores, as actuacións musicais serán o prato forte do Galle-rock, pero Bastantes Llon quixo completar o festival con outras actividades. A primeira nova con respecto a anos pasados é que as persoas que o desexen terán a posibilidade de acampar libremente no parque periurbano de San Roque ao longo das tres xornadas de concertos. Ademais, para o día 14 hai previstas unha conferencia e unha clase de astronomía.

Daniel Bravo será o encargado de abrir o programa de actividades do Galle-rock. Farao ofrecendo unha charla sobre a historia de Ribeira. Ese mesmo día pola noite, os membros da asociación Cielo Barbanza impartirán unha lección de astronomía. Axudados por telescopios, axudarán ás persoas que o desexen a identificar estrelas, constelacións e planetas.

A maiores, ao longo do festival, a asociación Bastantes Llon ten previsto organizar un campionato de mus e algunha iniciativa de carácter gastronómico, como unha sardiñada. O que está claro é que comida non lles faltará ás persoas que se dean cita en San Roque, xa que se poñerán á venda diversos produtos como bocadillos e racións de churrasco.

Co fin de poder sufragar o custe destas e doutras actividades que se irán incluíndo no programa do Galle-rock, o colectivo organizador está a levar a cabo diversas accións, entre as que destacan o sorteo dun premio en metálico e dunha guitarra, a confección dun libro con publicidade e a venta de artigos como chisqueiros.

 

ENVIAR NOTICIA  

Tres días de acampada libre coa posibilidade de asistir a unha clase de astronomía

* Campos obligatorios
Enviar a:
Tus datos:
 

ENVIAR NOTICIA  

Su envío se ha realizado correctamente

En breve los contactos recibirán en su correo electrónico un enlace a la noticia

Gracias por usar nuestros servicios

Cerrar

 

ENVIAR NOTICIA  

Se ha producido un error
No se ha podido realizar el envío

Revise sus datos y vuelva a intentarlo

Si se vuelve a producir un error, es posible que el servicio está momentáneamente no disponible. Inténtelo más tarde.

Disculpe las molestias. Gracias por usar nuestros servicios

Cerrar

LVDG_PUBLICIDAD_MIVA:
LVDG_PUBLICIDAD:robapaginas:edi.barbanza
Cargando
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08A
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08B
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08C
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08D
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08E
LVDG_PUBLICIDAD:10:edi.barbanza
Confianza oline. Enlace a más información sobre el certificado © Copyright LA VOZ DE GALICIA S.A.
Polígono de Sabón, Arteixo, A CORUÑA (España)

R.M. de A Coruña: tomo 2438 del Archivo, Sección General, folio 114 vto., hoja C-2141. CIF: A-15000649.
ojd