pub
Actualizado La Voz, página de inicio
Ir a la Portada

Treixadura actuará para o aniversario de Nós

A asociación de Sobradelo celebra os seus 25 anos cun concerto do grupo galego no auditorio o día 5

Autor:
m. S.
Localidad:
vilagarcía / la voz
Fecha de publicación:
  • Valoración de la noticia 1 , 2 , 3 , 4 , 5 , ()
  • Envíando datos... Espere, por favor.
  •  Gracias.

A asociación Nós de Sobradelo cumpre o seu primeiro cuarto de século nun dos seus mellores momentos, se non o mellor. O seu presidente, Xurxo Santos, explicaba onte que cando a actual directiva colleu a asociación hai catro anos tiña sesenta socios, e hoxe supera os 400. «Medrou moitísimo nestes catro anos, potenciamos máis actividades, porque cando entramos funcionaba como un grupo de baile», lembra o seu presidente.

Coincidindo con esta conmemoración, o Concello de Vilagarcía, a través da súa área de Cultura, vai organizar un concerto que terá como protagonistas aos gaiteiros e ao orfeón Treixadura. A actuación terá lugar no auditorio o próximo venres, día 5, a partir das nove da noite. A entrada será libre e de balde ata completar aforo, polo que se aconsella chegar ao recinto con antelación para evitar atoparse coas localidades ocupadas.

Esta será a primeira dunha longa serie de celebracións coas que a asociación Nós ten previsto conmemorar este ano as súas vodas de prata. Entre as novidades que se están preparando figura, como principal novidade, a celebración dunha semana dedicada aos nenos, con exposicións, proxeccións de películas, xogos infantís e animación, todo elo complementado coa música e o baile tradicional.

Ademais, os responsables da asociación teñen previsto este ano darlle un pulo especial ás actividades habituais que cada ano celebran, como pode ser o Serán, as xornadas de folclore ou os festivais que organizan.

A asociación ten agora mesmo máis de 400 socios, e mantén activos cinco grupos de baile, cinco de pandeireta, un de gaitas, unha charanga folclórica e un grupo de acordeóns. Ademais tamén leva a cabo durante todo o ano un intenso traballo de campo recollendo documenación relativa ao baile, á música e aos vestidos tradicionais por toda Galicia. E a todo iso engádense cursos de informática, idiomas, obradoiros de costura e outras actividades propias dunha asociación cultural.

 

ENVIAR NOTICIA  

Treixadura actuará para o aniversario de Nós

A asociación de Sobradelo celebra os seus 25 anos cun concerto do grupo galego no auditorio o día 5

* Campos obligatorios
Enviar a:
Tus datos:
 

ENVIAR NOTICIA  

Su envío se ha realizado correctamente

En breve los contactos recibirán en su correo electrónico un enlace a la noticia

Gracias por usar nuestros servicios

Cerrar

 

ENVIAR NOTICIA  

Se ha producido un error
No se ha podido realizar el envío

Revise sus datos y vuelva a intentarlo

Si se vuelve a producir un error, es posible que el servicio está momentáneamente no disponible. Inténtelo más tarde.

Disculpe las molestias. Gracias por usar nuestros servicios

Cerrar

LVDG_GOOGLE_ADSENSE:
Cargando
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08A
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08B
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08C
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08D
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08E
Confianza oline. Enlace a más información sobre el certificado © Copyright LA VOZ DE GALICIA S.A.
Polígono de Sabón, Arteixo, A CORUÑA (España)

Inscrita en el Registro Mercantil de A Coruña en el Tomo 2438 del Archivo, Sección General, a los folios 91 y siguientes, hoja C-2141. CIF: A-15000649.