«O polbo que cociñamos é moi natural e ten moitas vitaminas»

Maruxa Alfonso Laya
M. Alfonso VILAGARCÍA |

AROUSA

11 nov 2010 . Actualizado a las 02:00 h.

Na parroquia cambadesa de Oubiña atópase o Casal do Umia. Unha taparía, cafetería e bar moi acolledor no que a súa propietaria, Lourdes Somoza, está encantada de traballar. «Miña nai di que nacín para este traballo», explica. Encántalle o trato co cliente e iso nótase porque son moitos os que van comer e despois non atopan a hora de marchar.

-¿Sempre quixo dedicarse á hostalería?

-Miña nai ten unha casa de turismo rural e a min sempre me gustou a cociña. Incluso quitei o título para ir nos barcos de cociñeira. De pequena arrimábame a miña avoa, para aprender. No Nadal fai un ano que abrimos.

-¿Cal é a súa especialidade?

- Pulpo en su jugo . Sabe riquísimo e, non me gusta dar a receita, pero vai preparado no jugo que vai soltando. Facíao miña avoa. O polbo que cociñamos é moi natural e ten moitas vitaminas.

-¿Nótase moito a crise?

-Nós vamos tirando. Vexo que ven a mesma xente que veu dende o principio. No verán temos terraza e moita xente séntase a comer e despois non quere levantarse. Tamén temos uns clientes que veñen tomar o viño e que, se ven que a xente está animada, sacan o acordeón.

-¿De onde saen os nomes das mesas?

-Son os afluentes do Umia. Como temos o río moi preto, pensamos que eran os mellores nomes: Gallo, Saiar, Follente...