«As últimas tendencias tráennos un 'look' natural e desenfadado»

Laura López REDACCIÓN/LA VOZ.

AROUSA

05 nov 2010 . Actualizado a las 02:00 h.

Amparo Fernández ten trinta anos de experiencia como perruqueira, e en 1987 abriu La Pelu, en Cabo de Cruz. Un negocio que, lonxe de sufrir os efectos da crise, tivo que contratar máis persoal polo incremento da clientela. Ese éxito tamén se reflicte nos premios acadados.

-¿En que plans está traballando?

-Agora estamos no Club Figaro, unha asociación de ámbito nacional posta en marcha por firmas representativas da perruquería española para potenciar a actividade creativa e empresarial desta profesión. Iso foi o que nos animou a presentar este ano unha colección artística chamada Pastel Glam, que presentamos hai uns días no Salón Look de Madrid.

-¿Como foi a acollida?

-Moi boa, e por iso será publicada en todas as revistas da prensa profesional a partir de xaneiro e podería saír mesmo nunha portada. E este fin de semana imos recoller un premio internacional compartido en París, e aproveitaremos para presentar Pastel Glam á prensa profesional francesa.

-¿Que se leva este inverno en peiteados, cortes e tinguidura?

-As últimas tendencias tráennos un look natural e desenfadado, intentando fusionar corte, color e peiteado. En corte ondean degradados, despuntados, largos flequillos... En color veñen as tonalidades brillantes e rechamantes sen grandes cambios cromáticos. En canto á forma de peitearse, buscamos acabados con movemento, rizos naturais e recollidos informais.