Unha exposición no auditorio recolle o proxecto de filosofía para nenos titulado Miroscopio

La Voz VILAGARCÍA/LA VOZ.

AROUSA

02 oct 2010 . Actualizado a las 02:00 h.

A sala de exposicións do auditorio vilagarcián acolle desde onte ata o día 24 unha mostra que recolle o material gráfico elaborado por María Corleone e a asociación Filosofía para Nenos de Galicia, no marco do Proxecto Miroscopio. Este programa está conformado por unha serie de cinco contos para nenos a partir de cinco anos, editados por Everest Galicia e que se acompañan con música e tamén con material para pais e educadores.

O miroscopio é un instrumento que xorde da creatividade dun neno narrador e define ben a esencia desta iniciativa. Miroscopiar é «abrir las ventanas de los sentidos, trabajar las emociones y también el pensamiento. Por eso nuestro proyecto es bueno», explica Carmen Loureiro, que xunto con Jesús Merino é unha das impulsoras do proxecto.