As arousás Paula Gómez e Sandra Bouzas, campioa e bronce no Nacional de Técnica Infantil

La Voz

AROUSA

22 sep 2010 . Actualizado a las 02:00 h.

Ademais da Copa do Rei de categoría absoluta, en Campello disputáronse o Campionato de España de Técnica Infantil e Absoluta. Na categoría base dúas das tres representantes do ximnasio Olimpic colgáronse sendas medallas.

Paula Gómez rematou a cita estatal co título de campioa en categoría infantil. Un cadro de competición no que Sandra Bouzas, irmá de Raúl, foi bronce.

Ademais Selene Pérez, compañeira de ambas no Olimpic, finalizou na sexta posición na categoría benxamín, que contou con 18 participantes.

A actuación das arousás axudou á selección galega a rematar na terceira praza do podio por equipos, tan só por detrás de Cataluña e de Navarra.