O BNG programa mañá un acto no auditorio para falar sobre a fusión e a nova lei das caixas

La Voz

AROUSA

16 dic 2009 . Actualizado a las 02:00 h.

O BNG organiza un acto para falar da nova lei de caixas que está sendo debatida no Parlamento Galego e tamén da fusión das caixas galegas. Con este acto, os nacionalistas pretenden achegarlle á cidadanía as súas posicións sobre eses debates.

Para facelo intervirán no acto Xosé Castro Ratón, tenente de alcalde de Vilagarcía, Montserrat Prado, secretaria de organización do BNG e Alfredo Suárez Canal, deputado no Parlamento Galego. O acto terá lugar mañá, a partir das oito e media da tarde, no auditorio de Vilagarcía.

Para o BNG a lei resultante debe ter como eixo básico garantir que o centro de decisión do sistema financeiro galego fique en Galicia.