«Os clubs de lectura son a mellor forma de animación á lectura»

Carlos Lorenzo

AROUSA

25 sep 2008 . Actualizado a las 02:00 h.

A asociación Casa Escola comezou onte cos clubs de lectura que prometera fai uns días. A primeira invitada é a escritora Anxos Sumai, de Catoira, coa súa obra Así nacen as baleas.

-¿Que lle parece a iniciativa de Casa Escola?

-Pois moi interesante. Os clubs de lectura son a mellor forma de animación á lectura.

-¿Cal é a faceta da túa vida que te motiva máis: documentalista ou escritora?

-Síntome máis realizada escribindo, pero é a miña profesión a que me paga as facturas. O que máis me gusta é que nos dous ámbitos estou rodeada de libros.

-¿Que opina dos premios, como o Repsol YPF, que fomentan o desenvolvemento da literatura galega?

-Me parecen estupendos. No caso de Repsol ten un valor especial para min porque fai visible a narrativa curta.

-¿Como senta gañalo?

-(Risas). É moi satisfactorio pensar que todo o que fixen chegou a algún lugar, aínda que o mellor premio sexan os lectores.

-Diga un par de motivos polos que os lectores deban adquirir a túa obra «Así nacen as baleas»?

-Sempre están ben atoparnos con obras que propoñen outras alternativas á vida cotiá. Outros mundos son posibles.

-Recomende unha autora e unha obra galegas.

-Horda de escritura, de Chus Pato.