«Espero que o ano que vén poidamos facer teatro de Valle Inclán en galego»

AROUSA

01 jun 2008 . Actualizado a las 02:00 h.

A escola de teatro Valle Innova, da Fundación Valle Inclán, debuta hoxe ante o público e o fai, como non podía ser doutro xeito, en Vilanova e cunha obra deste autor: El yermo de las almas . Será ás 13.00 horas na praza da Pastoriza; en caso de choiva trasladarase á casa da cultura de O Esteiro. Os actores son afeccionados, e para algúns, como é o caso de María Xosé Dourado, será o seu bautismo no mundiño da escena.

-¿Por que decide dar o salto ao teatro?

-A min sempre me gustou o feito teatral e tiven inclinación pola arte, particularmente pola música. Vin en La Voz de Galicia a noticia de que empezaba esta escola, vin que era algo serio e o horario víñame perfecto.

-¿Que balance fai da experiencia?

-Óptimo de todo. A profesora ten una pedagoxía excelente e a aplicación das clases foi inmediata. Estabamos tentando facer algún texto en galego pero se precisa a autorización da fundación. Espero que o ano que vén poidamos facer teatro de Valle Inclán en galego.

-Vexo que da por feito que repetirá.

-Si, estou moi contenta.

-Para unha debutante coma vostede ¿que é o máis doado e o máis difícil?

-O máis doado foi traballar cos compañeiros e coa profesora. O máis difícil é asumir interpretar diante do público.